Coordenadas 1213

Fecha de subida 9 de septiembre de 2013

Fecha de realización agosto 2013

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
86 m
-22 m
0
3,7
7,5
14,92 km

Vista 4445 veces, descargada 233 veces

preto de Corrubedo, Galicia (España)

No Parque Natural de Corrubedo sobrancea a súa xigantesca duna móvil exposta aos ventos dominantes do poñente e que se formou fai 15000 anos coa glaciación que fixo baixar o nivel do mar, deixando ao descuberto a area que antes estaba somerxida.
Detrás da enorme duna de un quilómetro os regos Longo, Arles e Sirves foron aportando os seus sedimentos que formaron unha capa impermeabel que deu orixe a Lagoa de Carregal e na que chega a penetrar o mar nos seus abalos.

O noso roteiro vainos permitir visitar estes lugares de enorme importancia natural e tamén o Cabo Corrubedo.
Do pequeno porto de Corrubedo enfilamos cara ao seu afamado faro e ao deseguir achegámonos a Praia de Balieiros, que debe o seu nome por ser antigo cemiterio de baleas. Seguen areais surfistas e axiña os nosos pasos encamíñanse a Olveira para procurar de novo o mar nas marismas de Carregal, a altura do Río do Mar que aporta auga mariña a lagoa nas pleamares.
Por diante da duna móvil e pola longa praia de Ladeira acadamos de novo o peirao de Corrubedo.

Ver más external

Área recreativa con mesas baixo un piñeiral, na carretera ao faro.
Litoral con depósito de pedras de forma redondeada pola erosión.
Cruz levantada en memoria dun naufraxio.
Faro marítimo no cabo de Corrubedo.
Fonte en Olveira.
Igrexa Vella de Santa María de Olveira.
Rochas graníticas redondeadas de grandes dimensións.
Bosque de piñeiros en Teira.
Porto pesqueiro de Corrubedo. Comezo da ruta.
Longa praia na costa norte do cabo de Corrubedo.
Praia que abrangue dende os arredores do porto de Corrubedo ata o río do Mar, na marisma de Carregal.
Pequena praia ao seguir do porto de Corrubedo.
Canal na marisma de Carregal.
Arboreda de salgueiros.
Lugar en Corrubedo.

9 comentarios

  • Foto de randoneur

    randoneur 01-oct-2014

    Que boa pinta ten. Se cadra esta fin de semana cae.
    Cal é o glaciar do teu logo?
    Saudos

  • Foto de jesussimon

    jesussimon 01-oct-2014

    Saúdos, "randoneur".

    O roteiro de Corrubedo vai por unha zona que coido que che gustará pois permite coñocer este fermoso Parque Natural.

    A foto do meu logo é o abraiante glaciar de Aletsch que cos seus 23 Km é o máis longo de Europa. Chégase a él dende Fiesch, en Suiza.

    Unha aperta de Suso.

  • Foto de randoneur

    randoneur 06-nov-2014

    Como che comentei fixen a ruta seguindo a túa, cunha variante o Monte Tahume.
    Respetando o copyright.
    http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=8199075
    Apertas

  • Foto de jesussimon

    jesussimon 09-nov-2014

    Grazas, "randoneur", pero o copyright é de quen fai o roteiro.

    Saúdos.

  • Foto de Lidianalua

    Lidianalua 08-jun-2015

    Ola, podo facer unha consulta?

    estou pensando en facer esta ruta cun grupo de persoas, a modo de excursión. Cal é o punto de saída? Está sinalizada dalgún xeito? É doado perderse? Somos novatos e non levamos moito adestramento enriba. Agradecería calquera suxerencia.
    moitas grazas de antemán

  • Foto de jesussimon

    jesussimon 09-jun-2015

    Ola, "Lidianalua".

    O roteiro é circular de xeito que podes comezalo en moitos sitios, como o Faro de Corrubedo, a área de lecer de Espiñeirido ou ben o propio núcleo de poboación de Corrubedo.
    O percorrido non está sinalizado e o treito que descorre pola costa non ten perda. Para zona do interior aconséllote que fagas uso de GPS (baixa o track e méteo no GPS).
    Na zona hai outros roteiros máis curtos e dos que podes conseguir datos no Centro de Interpretación do Parque Natural de Corrubedo que está na praia do Vilar (tamén por internet).

    Saúdos de Suso.

  • Foto de Lidianalua

    Lidianalua 24-jun-2015

    Mil graciñas!

    Fixen unha previa e foi xenial, subín un borrador pero agora que vou ir co meu alumnado subirei unha con check points e fotos. Fixemos o roteiro en catro horas e algo cunha pequena parada, así que co grupo e parando levaranos algo máis. Foi de moita axuda o teu comentario para decidírmonos por esta opción. Espero que o tempo acompañe!

    Lidia

  • Foto de jesussimon

    jesussimon 24-jun-2015

    Estupendo, "Lidianalua". Que o pasedes todos moi ben.
    Saúdos.

  • harremsis 21-may-2018

    He realizado esta ruta  verificado  ver detalle

    Nice walk along the dunes, with an extension through the woods.

Si quieres, puedes o esta ruta