-
-
945 m
592 m
0
5,7
11
22,76 km

Vista 240 veces, descargada 6 veces

preto de Cádabo, Galicia (España)

INICIASE A RUTA NA PRAZA DA FEIRA DO CADAVO, XUNTO A IGREXA.
PERCORRE O SENDEIRO POLO CAMIÑO PRIMITIVO CARA A FONSAGRADA ATA CHEGAR O CAMPO DA MATANZA ONDE SE DESVIA PARA PENAS, ALÍ DISCORRE POR UNHA VAGOADA CHAMADA FOZADOIROS , PASAMOS POR UNHA FONTE NATURAL DE FERRO,VISITAMOS O MUIÑO DA SUSA ENCRAVADO NO CARBALLAL, ATRAVESAMOS UNHA PONTE DE MADEIRA QUE FACILITA O PASO POLO REGO DO LAVADOIRO PARA ENCAMIÑARNOS O POBO DO ESTORNIN, ATRAVESAMOS O POBO E COLLEMOS RUTA CARA A FONTANEIRA.
UNHA VEZ NA FONTANEIRA FACEMOS A TRAVESIA POLO POBO E O CARÓN DA IGREXA ENCAMIÑAMONOS O MONTE ACEBEDO NO ALTO DA FONTANEIRA, PASAMOS POLA CHAMADA COVA DOS MOUROS ONDE INICIAMOS O DESCENSO O POBO DE SUAGRANDA, UNHA VEZ ATRAVESADO DITO POBO SEGUIMOS BAIXANDO DE COTA, ATA CHEGAR OS MUIÑOS DE PENAS E ESTORNIN, SITOS SOBRE O REGO DE CUBILLEDO, DENDE ONDE NOS ADENTRAMOS NO CARBALLAL, PARA SEGUIR UN SENDEIRO QUE NOS LEVARÁ O POBO DE PENAS.
DENDE PENAS SEGUIMOS SUBINDO DE COTA ATA O ALTO DE PENAS, DENDE O CAL PODEMOS OBSERVAR O VAL DE BALEIRA, O VAL DO NEIRA, EO MONTE DA LASTRA, UNHA VEZ ALÍ,O PERCORRIDO INICIA UN DESCENSO DE COTA ATA CHEGAR O POBO DA GULPILLEIRA, QUE NOS UNIRÁ CO INICIO DA RUTA DO CADAVO POLO VAL DE BALEIRA.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta