-
-
78 m
-12 m
0
3,8
7,6
15,26 km

Vista 204 veces, descargada 2 veces

preto de Camariñas, Galicia (España)

Incrible ruta que desde o centro de Camariñas, nos achega ao parque natural do cabo Vilán, e a algúns dos paisaxes da Costa da Morte.

Esta é unha pequena versión doutras rutas máis completas, que fan o percorrido enteiro ben ata o cemiterio dos ingleses, ou ata a duna branca da praia do trece, lugares que por outra banda son imprescindibles tamén desta zona.

Porén, esta pode ser unha variante interesante, máis curta en kilómetros, que se pode facer máis rápido. A ruta que vai só ata o faro pareceunos algo curta, e seguimos a ruta marcada ata a altura da praia da Balea. Unha vez alí, escollimos dar a volta, e escollimos cruzar polo monte baixo que hai detrás da praia ata atopar a ruta que vai de volta, para facela tamén circular. A pesares de que esa volta non está marcada, é moi sinxela de atopar, hai moitos sendeiros e variantes semellantes que se poderían facer, aproveitando que a ruta grande é circular pero non demasiado ancha, polo que se pode acortar en varios lugares.

Esta é a nosa proposta, para non pasar moito dos 15 km, e non facer só a rutiña de Camariñas ata o faro.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta