-
-
71 m
2 m
0
2,3
4,5
9,09 km

Vista 233 veces, descargada 0 veces

preto de Laxe, Galicia (España)

Comecei a miña ruta no colexio do CPI Cabo da Area en Laxe, acompañada do meu pai. Proseguimos polo paseo marítimo e a 500 metros do final deste, collemos un desvío por un calexón que nos levou ata a capilla de Santa Rosa. Alí estaba esperándonos o meu avó, para unirse a nosa camiñata. Continuamos a nosa ruta por un sendeiro ata chegar a Praia de Soesto, onde paramos a contemplar as maravillosas vistas. Ao acabar o paseo marítimo que rodea a praia, encamiñamonos por un sendeiro bordeando as fermosa costa Soesto-Traba, ata chegar a unha pequena e acolledora cala, chamada Arnado. Dende alí, contémplase parte do concello de Camariñas (Camelle e Arou) máis os penedos de Mórdomo.
O nosa camiñata ainda non dera por rematado, pois seguimos a pista que leva dende a praia de Arnado ata o lugar de Boaño. Dende alí, pasamaos polas pistas do val de Traba e tras 2h e 30m de camiñata, chegamos ao noso destino, a Igrexa de Santiago de Traba.
Esta ruta tamén se pode realizar en bicicleta de montaña.
Na imaxe co código QR atópase unha selección musical recomendada pola alumna para escoitar durante a ruta.
Ruta realizada por: Anair Velo (4ºESO).

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta