-
-
46 m
3 m
0
1,4
2,8
5,7 km

Vista 5943 veces, descargada 173 veces

preto de Pontevedra, Galicia (España)

Este percorrido periurbano ao N da cidade de Pontevedra transcurre polas primeiras orillas da ría de Pontevedra (xa que aquí ainda afecta moi importantemente o efecto da marea) que chegan a confundirse co río Lérez concretamente coa zoan chamada "Os Balcóns do Lérez".
Neste caso saimos da "ponte dos Tirantes" cara ao NE pola orilla N da ría pasando pola "Illa das Esculturas" (Parque da Familia) e chegando ao remate do parque, seguimos cara a ponte do tren (que pasaremos por debaixo) e mantemos o ritmo pegados á auga por un amplo camiño de terra ancho....
Tras 1.000 m. (antes de chegar á fervenza de Cola de Cabalo) remata o camiño ancho, apto para nenos/as e persoas con dificultade de mobilidade, incluso en cadeiras de rodas.
Un segundo treito comeza aquí nun camiño "todo terreo" que sube e baixa (sempre pegados ao río) ata a ponte do Balneario de Monte Porreiro. Neste último treito teremos que ter ollo de non esbarar e ir a xeito, sigue sendo apto para nenos/as (un pouco de ollo) pero xa non é apto para persoas con mobilidade reducida, trazado de 500 metros.
Ao chegar á ponte do Balneario de Monte Porreiro comeza o terceiro treito que volve a ser apto para todas as persoas (incluso en cadeiras de rodas) que da a volta pola outra orilla (a orilla S) e baixa cara a Monte Porreiro e ao vello solar de Tafisa onde remata.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta