Tempo  6 horas 28 minutos

Coordenadas 1774

Fecha de subida 4 de febrero de 2018

Fecha de realización enero 2018

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
736 m
454 m
0
4,4
8,7
17,41 km

Vista 1355 veces, descargada 87 veces

preto de Luintra, Galicia (España)

A asociación cultural Móvete por Nogueira sorpréndenos de novo cun espectacular recorrido logo de traballar arreo para limpar vieiros que o tempo foi atrancando. Cun traballo colosal -por veces aproveitando treitos do Maquino Largaño, Ruta do Contrabando e Camiño do Farricoque- puxeron ao noso alcance un itinerario de grande interese paisaxístico, natural, etnográfico e histórico.

O nome de Camiño da Amargura débese a que o roteiro pasa pola costenta corredoira que vai entre o mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil e o planalto do Chao da Forca e era por aquí por onde levaban enriba de burros aos condenados polo tribunal da Inquisición que logo de xulgalos no devandito cenobio axustizábanos na chaira.

O traxecto podémolo comezar no mesmo centro de Luintra, a capital do concello de Nogueira de Ramuín, e aconsello facelo no sentido das agullas do reloxo dado que deste xeito poderemos ver de fronte unha fervenza que cae por baixo de dous muíños que hai pasado o mosteiro e tamén subir -e non baixar- polo Camiño da Amargura.

Algúns dos puntos de especial mención que iremos atopando son:

-Mámoas de As Cabanas:

É un conxunto de sete enterramentos monumentais que se datan entre o 4500 e o 2000 a.C. O cemiterio sitúase no tramo final da divisoria de augas entre os vales do Miño e do Sil aproveitando unha pequena penachaira delimitada por tres grandes afloramentos graníticos. Están situadas na parroquia de Moura.

-Penedo Furado:

Singular pedra fita duns once metros de altura que semella un menhir. Non o confundades coa tamén selleira Pedra Longa que se atopa moi preto de aquí, na Ruta do Contrabando.

-Castro da Moura:

Antigo asentamento castrexo ao que se accede entre dous enormes penedos que fan de pórtico de entrada. A zona máis alta é un privilexiado miradoiro sobre o encaixado canón do río Sil e con vistas aéreas sobre o mosteiro de Santo Estevo.

-Aldeas de Biduedo e Paradela:

O nome de Biduedo está vinculado aos extensos bosques de bidueiros, ou bidueirais, que poboaron os campos e montes da aldea noutras épocas. Ocentro da vila é unha gran praza con antigos edificios de pedra de cantería e unha interesante agrupación de hórreos de pedra e madeira.
Paradela é un balcón natural cunhas vistas excelentes do mosteiro e da aldea de Santo Estevo de Ribas de Sil. O punto panorámico é un dos seus principales atractivos e ofrece a posibilidade de admirar a categoría arquitectónica do conxunto monumental de Santo Estevo.

-Souto de Santo Estevo e Camiños Naturais:

Entre Paradela e o cenobio hai un abraiante bosque de castiñeiros que era propiedade do mosteiro e no que poderemos ver algún sequeiro, construción de pedra na que se puñan as castañas a secar. As aldeas dos arredores están ligadas con Santo Estevo por antigos camiños nos que o paseante vai gorecido por una vizosa arboreda caducifolia.

-Mosteiro e igrexa de Santo Estevo de Ribas de Sil:

A fundación deste mosteiro beneditino situado nunha agreste paraxe atribúeselle a San Martiño Dumiense na época sueva. O mosteiro foi reedificado no século XII e desde entón sufriu numerosas transformacións. A última delas para acoller o novo Parador Nacional. A igrexa do mosteiro é románica do século XII, de planta basilical con tres naves e tres ábsidas semicirculares con bóvedas de cruzaría, porén a súa fachada é barroca. O mosteiro ten elementos arquitectónicos románicos, renacentistas e barrocos. Son importantes os tres claustros do mosteiro: Claustro dos Bispos, o máis antigo, o Claustro da Portería e o Claustro Pequeño.

-Penedos do Castro:

Xacemento arqueolóxico do Bronce Final (séc. VI a.C.) que se estende pola Idade de Ferro, sen vestixios de romanización e logo reocupado ao final da antigüedade durante a época suevo-visigoda. A súa ocupación dura ata a Baixa Idade Media (séc. XIV - XV). A súa función era vixiar os accesos a Santo Estevo e servir de refuxio en caso de perigo. Entre os vestixios que podemos contemplar destacan a impoñente muralla ciclópea datada do Bronce Final, e a inscripción do século VI, localizada na coroa do xacemento e que fai referencia ao rei visigodo Leovixildo.

Ver más external

Aldea do concello de Nogueira de Ramuín.
Aldea do concello de Nogueira de Ramuín.
Bosque de bidueiros entre a aldea de Biduedo e Luintra.
Bosque mixto nas ribeiras do rego San Miguel.
Vieiro entre o cenobio de Santo Estevo de Ribas de Sil e o Chao da Forca. Por aquí subían aos condenados pola Santa Inquisición para aforcalos.
Ermida en Luintra.
Ermida de San Lourenzo, na aldea de Biduedo.
Bosque de carballos entre o castro da Mouro e a aldea de Biduedo.
Bosque de carballos entre a aldea de Biduedo en Luintra.
Xacemento castrexo.
Lugar onde executaban aos condenados pola Santa Inquisición que eran xulgados no mosteiro de Santo Estevo.
Casa consistorial de Nogueira de Ramuín, en Luintra.
Congostra preto do centro de Luintra.
Congostra na aldea de Baldomar.
Congostra na aldea de Biduedo.
Congostra entre Biduedo e Paradela.
Congostra entre Santo Estevo e a aldea de Santo Estevo de Ribas de Sil.
Congostra na aldea de Biduedo.
Eira de malla na aldea de Biduedo.
Cascada no rego de San Miguel.
Capital do concello de Nogueira de Ramuín. Punto de comezo do noso roteiro.
Xacemento arqueolóxico de As Cabanas.
Miradoiro no lugar de As Cabanas, con vistas sobre o canón do Sil.
Miradoiro sobre o río Sil, no Castro da Moura.
Miradoiro en Penedos do Castro, con boas vistas sobre o mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil.
Antigo mosteiro beneditino e hoxe Parador Nacionas, en Santo Estevo de Ribas de Sil, concello de Nogueira de Ramuín.
Muíños hidráulicos en Santo Estevo de Ribas de Sil.
Aldea do concello de Nogueira de Ramuín.
Selleira pedra fita duns once metros de alto.
Penedos graníticos na aldea de Baldomar.
Penedos graníticos na aldea de Baldomar.
Xacemento castrexo preto de Santo Estevo de Ribas de Sil.
Rego preto do Penedo Furado.
Rego preto da aldea de Biduedo.
Afluente do río Sil pola esquerda.
Rochedo preto do Penedo Furado.
Casa en ruínas na aldea de Baldomar.
Construción en ruínas preto de Paradela.
Construción en ruínas en Santo Estevo de Ribas de Sil.
Construción en ruínas no Camiño da Amargura.
Construción para o secado de castañas. Está en Santo Estevo de Ribas de Sil.
Construción para o secado de castañas en Santo Estevo.
Construción para o secado de castañas en Santo Estevo.
Sequeiro de castañas na aldea de Biduedo.
Bosque de castiñeiros en Santo Estevo de Ribas de Sil.
Bosque de castiñeiros en Santo Estevo de Ribas de Sil.

5 comentarios

  • Foto de Sr Ben Gunn

    Sr Ben Gunn 06-feb-2018

    He realizado esta ruta  ver detalle

    Espectacular! fixen a ruta organizada o domingo 4 de febreiro e para nada sentime incómodo con tanta xente que concideu ese día andando, noraboa aos que traballaron para que todo saíse perfecto, un día con frío pola mañán con algo de nebe que lle daba máis vistosidade aos tramos que xa coñecía das outras rutas da zona, altamente recomendables todos os paseos por Nogueira de Ramuín.

  • Foto de Club Acivro

    Club Acivro 07-feb-2018

    Una ruta estupenda, sin duda. El trabajo de esta asociación está siendo impresionante, poniendo en relieve todo el patrimonio del concello de Nogueira de Ramuín. La ruta, que realicé antes de su presentación oficial, es muy bonita y merece muchísimo la pena. Junto a la ruta do Farricoque y la de Chao da Forca, son las 3 últimas que ha organizado la asociación. La única pega es que, para aquellos que ya han hecho la ruta de maquino largaño, contrabando o camiño real de Os Peares a Sto. Estevo, la ruta tiene numerosos tramos coincidentes.

    A destacar entre los numerosos trabajos y logros de esta asociación, el acondicionamiento de los lugares más bellos de todo el concello y la preparación de "O mellor banco da Ribeira Sacra", absolutamente espectacular.

    Un saludo
    Club Acivro

  • pacolugo 26-feb-2018

    Magnifico trabajo de esta asociacion,en cuanto a limpieza y acondicionamiento de la ruta.
    Debo poner un pero:La señalizacíon con las cintas de plastico, es un desastre.A dia de hoy no cumplen su función,ya que hay gran cantidad de ellas que han desparecido.Hay otras maneras de señalizar sin contaminar el monte.
    Aconsecuencia de esto,no aconsejo hacerla sin gps.
    Un saludo.

  • Foto de efeso55

    efeso55 26-feb-2018

    He realizado esta ruta  verificado  ver detalle

    Otra ruta fantástica que se une a la de Contrabando y Maquino Largano.

  • Foto de campanal

    campanal 10-nov-2018

    He realizado esta ruta  verificado  ver detalle

    Dende a asociación "Ratos libres, clube de montaña" agradecemos a "Móvete por Nogueira" por acondicionar esta ruta, e a Jesús Simon por publicitala e describila tan ben, o que nos permiteu poder pasar un día fantástico por eses lares. Unha aperta.
    Fixémola o 10/11/18. A pesar da chuvia caída está ben para camiñar. En algúns cruces desapareceron as indicacións polo que o GPS foi necesario.
    Dende Biduedo seguimos as marcas o revés para coller a zoa de alto desnivel en subida, xa que o estar ó terreo mollado, en baixada, podía xerar resbalóns perigosos.

Si quieres, puedes o esta ruta