Sé el primero en aplaudir
Vista 345 veces, descargada 11 veces
preto de Luintra, Galicia (España)
Ruta no Concello de Nogueira de Ramuín, dende Luíntra ata Santo Estevo.
Fermosa ruta que vai en todo momento por camiños e corredoiras por un bosque de castiñeiros maiormente; senalizada como ruta 3.
Ruta moi recomendable, con camiños e corredoiras limpas, entre castiñeiros, penedos, sequeiros en ruínas, con contínuas subidas e baixas pero cunhas moi boas vistas; acondicionada polo colectivo Móvete por Nogueira.
Segundo nos conta Fran en : https://roteiros.gal/camino-da-amargura/ :
"... O Camiño de Amargura. O nome non parece moi acaído para unha ruta de sendeirismo, pero ten a súa explicación. Fai alusión aos penados da Inquisición xulgados no mosteiro de Santo Estevo e ao camiño que realizaban pola costaneira corredoira que vai dende o mosteiro á pequena chaira do Chao da Forca, onde eran axustizados."
Na praza de Luíntra collemos a estrada que vai a Peares e Monforte, despois do restaurante Olegario collemos unha pista a man dereita e uns metros máis adiante sae un camiño a esquerda que será o comezo da nosa ruta. Cando atopamos un cruce de varias rutas collemos a dereita ata Baldomar, nesta aldea un camiño a esquerda e en subida levanos por un camiño ata un par de miradoiros e as Mámoas de as Cabanas, cruzamos a estrada que ven de Monteverde ata o campo de fútbol de Nogueira e atopamos o Penedo Furado tamén bautizado con Pseudomenhir (accesible pola limpeza feita polo colectivo Móvete por Nogueira).Seguimos por un camiño estreito e logo a dereita collemos ata o Castro de Moura,; deixando o castro a nosa esquerda un camiño lévanos ata Biduedo e loga Paradela e ata o mosteiro de Santo Estevo (hoxe reconvertido en Parador Nacional). Visita obrigada o seu claustro e moi interesante tamén as súas exposicións (outubro-2018).
Continuamos ata unha fervenza que en este ano de sequía está desaparecida; e comezamos a volta a carón do rego de San Miguel (deixando sempre a nosa esquerda); bordeando a aldea de A Cruz imos hacia o miradoiro do Castro, cunhas fermosas vistas do mosteiro e do río Sil. Voltamos por Biduedo e logo xa hacia Luíntra.
Distancia: 17,6 Km.
Tempo total: 5h. 15` (3,33 km/h)
Tempo en movemento: 4h. 15´ (4,1 km/h.)
Móvete por Nogueira:
https://www.facebook.com/M%C3%B3vete-por-Nogueira-707430662719951/
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/nogueira-de-ramuin/2018/01/21/colectivo-movete-nogueira-encuentra-pseudomenhir-once-metros-altura/0003_201801O21C7992.htm
En outubro-2018 con moi pouca auga.
Waypoint
Igrexa de Santa Olaia
Waypoint
Miradoiro de Campaza
Waypoint
Miradoiro do Castro
Waypoint
Mosteiro de San Estevo
Waypoint
Penedo furado - 'Pseudomenhir'
Waypoint
Porta do Castro de Moura
Waypoint
Rego de San Miguel
Waypoint
Sequeiro en ruínas
Waypoint
Sequeiro en ruínas 1
Waypoint
Sequeiro en ruínas 2
Waypoint
Sequeiro en ruínas 3
Comentarios