-
-
789 m
329 m
0
6,4
13
25,75 km

Vista 1757 veces, descargada 9 veces

preto de Gález, Galicia (España)

DESCRICIÓN
O marco xeográfico do Camiño Xacobeo de San Rosendo-Raíña Santa, encádrase nos Vales do Cávado, Limia, Arnoia e Miño, encaixado a media ladeira dos montes que forman as Serras do Gerês, Xurés e Leboreiro. Todo este territorio Galaico-Luso acumula unha elevada actividade histórica ao longo dos tempos, atesourando moitos e valiosos restos patrimoniais que van desde a Idade do Xeo á actualidade; conservándose nas inmediacións deste ancestral camiño: mámoas, gravuras rupestres, castros, xacementos romanos, medievais e elementos etnográficos de moitísima envergadura.
No aspecto natural, o camiño atravesa fermosos cursos de auga, carballeiras e soutos centenarios, bosques de acivros, viñedos e praderíos en socalcos que forman paisaxes agrarias tradicionais, típicas dunha agricultura de montaña. O seu transcurso privilexiado a media ladeira outorgalle o papel de balcón, que permite disfrutar dunha espectacular visibilidade dos vales e montañas Galaico-Portuguesas.
TRAZADO
O camiño chega a Lovios, descendendo dende a Portela do Homem ata o cruceiro de Cima de Vila e, entre Pazos, viñedos e socalcos. Seguidamente, intérnase na Costa Pereira para descender ata a Ponte que vadea o ría Macaco e, pasando á beira do cruceiro da Portaxe, chega ao río Salas, cuxas augas do encoro esconden unha espctacular ponte medieval visible na estiaxe.
A partir do Salas, comeza un modrado ascenso ata Parada de Ventosa, atravesando a tradicional aldea de Ganceiros e bordeando polo ponente os montes do Trabazo, o Chamadoiro e o Coto dos Ladrós. Pasado Parada, no Concello de Muíños, cruza o río Limia na Presa das Conchas, no lugar onde se atopa asulagada a Ponte Pedriña, obra de fábrica romana para servizo da mencionada Via Nova.
Desde a Presa das Conchas (en territorio do concello de Lobeira), prosegue o camiño da Raíña Santa, pasando polas aldeas de Tedós, Ermille, Os Chaus e Fradelevite, faldeando os sopés da Serra de Motas e Viso.
A partir dos Chaus, deixa o trazado da Via XVIII, internándose nunha espectacular congostra para desenvolverse por unha vía romana secundaria que unía a Quaquernia (Bande) con Ourense. Xa nas Terras de Bande, chega ao templo Galaico-visigótico de Santa Comba de Bande, pequena xoia arquitectónica do século VII, para seguir polas aldeas de Quintela, Lobosandaus e ascender ata o cruceiro de Vilela, baixo o dominio do castro de A Croa.
Bordeando o Monte de Pena Maior, coroado cun castriño, accede entre carballeiras e soutos centenarios ás aldeas de Souto, Pazos e Rubiás, para cruzar o río Cadós, ao pé dun peto de ánimas porticado na Ponte Cadós, e ascender ata Recarei, Sarreaus e o Alto do Vieiro, pasando á beira do Castro homónimo e con grandes vistas sobre o concello de Bande e o Monte Grande.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta