Coordenadas 584

Fecha de subida 21 de febrero de 2020

Fecha de realización febrero 2020

-
-
461 m
296 m
0
1,7
3,4
6,78 km

Vista 89 veces, descargada 5 veces

preto de Forzanes, Galicia (España)

O Camiño dos Arrieiros era unha vía comercial que ligaba a comarca de O Ribeiro co porto de Pontevedra e tamén con Santiago de Compostela e varios mosteiros galegos. Era usada para a exportación dos viños, sendo os maiores propietarios dos viñedos o cabildo da catedral compostelá e o mosteiro de Toxos Outos, no concello de Lousame. Outras mercadorías que se transportaban eran o sal e máis o tabaco. Tamén había un tráfico no sentido inverso, terra adentro, de produtos do mar.

Estivo en uso entre os séculos XIV e XVII, cando se pecharon os mercados ingleses e portugueses, desviándose este comercio cara o interior e caendo en abandono esta ruta que transcorre por paraxes de enorme interese paisaxístico e ambiental.

O treito que faremos nesta ocasión, aínda sendo moi curto, pasa por terras de tres concellos: Fornelos de Montes (parroquia de Santa María de Estacas), A Lama (San Martiño de Verducido) e Ponte Caldelas (San Fiz de Forzáns).

Comezamos a nosa andaina no adro da igrexa de Estacas, preto dun afamado restaurante. O templo está erguido en perpiaño con pranta en cruz latina, sendo a cuberta a dúas augas. Nos primeiros metros da camiñada atoparémonos con varias cruces de granito que formaban parte dun vía crucis e deseguido baixaremos por onde agora tamén discorre a nova Vía Mariana Luso Galaica.

Logo de pasar unha antiga pontella sobre o río Couñago, temos que atravesar unha fermosa ponte do século XVII, a Ponte de Anceu, que ten unha construción asimétrica con cinco arcos de distinta luz, tendo o máis grande 11 metros de ancho e o máis pequeño 2,5. A calzada presenta un abombamento e dispón de apartadoiros para os peóns que cadraban cos carros na ponte. Está sobre o río Parada, tributario do Oitavén, e foi reformada polos veciños de Verducido e As Estacas no ano 1828 xa que faltaban tres arcos, a calzada e o peitoril.

Unha vez na outra beira do río Parada, entramos en Verducido que conta coa igrexa de San Martiño, do século XVIII, de fermosa factura e reflexo da riqueza destas terras nesa época debido ao comercio con patacas e millo. A sinalar as torres aos lados da portada e o mecanismo orixinal do reloxo nunha delas.

Axiña, corredoiras avesías vannos levar ata a ponte no río Oitavén nunha contorna de vizosas caducifolias; entrando no concello de Ponte Caldelas por angostos camiños e rematar no campo da festa de San Fiz de Forzáns, a carón da igrexa de pranta rectangular con teito a dúas augas e torre campanario.

Ver más external

foto

Camiño Arrieiros

Camiño utilizado entre os séculos XIV e XVII para o transporte do viño de O Ribeiro ata Pontevedra.
Waypoint

Comezo - Casa Chalan

Punto de inicio do roteiro, ao carón deste afamado restaurante da parroquia de Estacas, Fornelos de Montes.
Waypoint

Final Forzans

Punto final do noso roteiro, na igrexa de San Fiz de Forzáns, ao carón do centro cultural.
foto

Corredoira

Congostra preto do río Oitavén ao seu paso por Forzáns, Ponte Caldelas.
Arquitectura religiosa

Cruceiro

Cruceiro no adro da igrexa de Santa María de Estacas, Fornelos de Montes.
Arquitectura religiosa

Cruz 1

Cruz de granito en Forzáns, Ponte Caldelas.
Arquitectura religiosa

Cruz 2

Cruz de granito en Verducido, A Lama.
Arquitectura religiosa

Cruz 3

Cruz no vía crucis de Estacas, Fornelos de Montes.
Arquitectura religiosa

Cruz 4

Cruz pertencente ao vía crucis de Santa María de Estacas.
foto

Estacas

Parroquia do concello de Fornelos de Montes.
fuente

Fonte

Fonte de auga potable en Verducido, A Lama.
fuente

Fonte lavadoiro

Lavadoiro con fonte de auga potable en Forzáns.
Arquitectura religiosa

Igr San Fiz Forzans

Igrexa parroquial de Forzáns, Ponte Caldelas.
Arquitectura religiosa

Igr San Martiño Verducido

Igrexa parroquial de Verducido, A Lama. É do século XVIII.
Arquitectura religiosa

Igr Santa Maria Estacas

Igrexa parroquial de Estacas, Fornelos de Montes.
Arquitectura religiosa

Peto

Peto de ánimas por debaixo da igrexa de San Fiz de Forzáns, Ponte Caldelas.
Arquitectura religiosa

Peto e cruceiro

Construción dun peto e cruceiro enriba. No lugar de O Porto, A Lama.
Ponte

Ponte de Anceu

Ponte do século XVII sobre o río Parada.
Ponte

Pontella

Pontella de pedra sobre o río Couñago, afluente do Parada.
foto

Portasouto

Pequena aldea en Verducido, A Lama.
Río

Rio Oitaven

Río que nace na Serra do Suído e logo de 34 Km verte as súas augas no Verduxo.
Ruinas

Ruinas

Casa en ruínas na parroquia de Forzáns, Ponte Caldelas.
foto

Via Mariana

Novo camiño de peregrinación que liga mosteiros de advocación mariana. Vai de Braga a Muxía.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta