-
-
114 m
4 m
0
1,5
3,1
6,12 km
Vista 158 veces, descargada 7 veces
preto de Soaserra, Galicia (España)
Comezamos a ruta na ponte colgante de Cal Grande. Cando a fixemos (Outubro) non tivemos ningún problema en aparcar xusto a carón da ponte. Algo máis atrás hai unha ampla zona de aparcadoiro. O camiño transcorre case todo o tempo pola beira do río Eume, que mostra uns preciosos tonos azulados, e sempre a través dun tupido bosque de fraga que aporta sombra e frescor. O primeiro tramo da ruta, ata chegar á ponte colgante de Fornelos, é bastante cómoda: camiño de terra con algún breve tramo de pedras e moitas raíces. O segundo tramo, dende a ponte de Fornelos ó Mosteiro de Caaveiro, é máis complicado, especialmente por un tramo de forte subida e baixada no que hai que axudarse dunhas cordas instaladas no camiño. Hai xente que, para evitar esta parte, cruza a ponte de Fornelos e remata o camiño pola carretera. É precisamente por este tramo que cataloguéi a ruta como dificultade moderada. Xa preto do Mosteiro de Caaveiro atopamos unha bifurcación que nos da a opción de subir pola beira do río Senín ou seguir a carón do Eume. Nós decidimos subir polo río Senín e a verdade é que non defraudou. O bosque neste tramo é espectacular, e o camiño está en moi bo estado. Finalmente, rematamos a ruta no Mosteiro de Caaveiro, onde podemos desfrutar da casa museo e das vistas panorámicas das Fragas. O Mosteiro conta cun bar restaurante que servía uns bocadillos fantásticos, moi apropiados para repoñer forzas!
Si quieres, puedes dejar un comentario o valorar esta ruta
Comentarios