Coordenadas 3854

Fecha de subida 24 de septiembre de 2018

Fecha de realización septiembre 2018

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
166 m
8 m
0
6,3
13
25,23 km

Vista 221 veces, descargada 7 veces

preto de Cospindo, Galicia (España)




O primeiro que queremos resaltar é o agradecemento á ASOCIACIÓN CAMIÑO DOS FAROS, por darnos a oportunidade de, grazas a eles, poder realizar estas oito marabillosas rutas.  

Nós ímolas realizar circulares, iso si, sen deixar un só tramo orixinal sen percorrer. 

Esta terceira iniciámola en Balarés, no aparcadoiro que hai ao lado da praia e piñeiral, un lugar para desfrutar.

Temos que chegar a enseada da Barda, onde finalizamos a anterior ruta. Para elo imos seguir polo camiño marcado para a ruta do PR-G 148 durante a maioría de traxecto.

O primeiro que nos atopamos é a Pedra da Serpe de orixe descoñecido, atópase en Gondomil.

Continuamos e pasamos por O Picoto e Froxán, onde se atopa un monumento de pedra cuxa inscrición figuran os nomes de 18 músicos nados neste lugar entre 1913 e 1931.

Todo este traxecto faise por camiños e pistas forestais, sen pisar asfalto ata un pouco antes de chegar ás praias de Area Grande e Pequena na Enseada da Barda.

Aquí empezamos a pisar o Camiño dos Faros. Ata a aldea do Roncudo, uns catro quilómetros. O tramo é de bastante dificultade, carreiros estreitos con fortes e curtas subidas e baixadas, principalmente a baixada que vai dende o parque eólico ata Laxe das Pesqueiras. Este tramo quizais sexa o mais complicado de esta ruta, pero merece moito a pena por todo o que vas vendo e vivindo .

Un pouco mais adiante, está Punta Roncudo co seu faro que no ano 1920 empezou a funcionar.

Agora para descansar un pouco temos tres quilómetros de estrada con beiravía suficiente para camiñar sen perigo, aínda que non hai apenas tráfico.

Chegamos a Corme onde no restaurante Miramar recuperamos forzas para continuar coa camiñada.

Pola tarde, ata o noso inicio en Balarés, percorremos pola costa un tramo de algunha dificultade, menos que todo o anterior. Pasamos polas praias de Arnela, Osmo e Ermida e xa chegando a última do Rio Covo.

Esta terceira ruta que nós facemos pareceunos a mais difícil e a súa vez a mais espectacular.
Pensamos continuar.

Tempo en movemento: 6 horas e 39 minutos con unha media de 3,8 quilómetros por hora.
N43.24335° W8.94090°
N43.26548° W8.96050°

1 comentario

  • quiquefidalgo 17-ago-2019

    He realizado esta ruta  verificado  ver detalle

    Bonita y dura ruta. Subidas y bajadas constantes. Solo el tramo Roncudo, Corme es llano (3 km. asfalto).
    A mi me llevó hacer la ruta 8.30 horas, con pequeñas paradas para disfrutar/fotografiar del paisaje o comer/bener algo.

Si quieres, puedes o esta ruta