Tempo  8 horas 45 minutos

Coordenadas 3219

Fecha de subida 12 de septiembre de 2018

Fecha de realización septiembre 2018

-
-
94 m
5 m
0
5,5
11
21,87 km

Vista 232 veces, descargada 8 veces

preto de Malpica, Galicia (España)



O primeiro que queremos resaltar é o agradecemento á ASOCIACIÓN CAMIÑO DOS FAROS, por darnos a oportunidade de, grazas a eles, poder realizar estas oito marabillosas rutas.

Nós ímolas realizar circulares, iso si, sen deixar un só tramo orixinal sen percorrer.

Esta primeira, iniciámola no porto de Malpica. Continuamos polo bonito paseo que hai pola beira da praia de Canido, no mesmo centro da cidade.

Dende o inicio no Porto, o percorrido transcorre polo marcado pola Asociación Camiño dos Faros.

Non vou detallar todo o marabilloso que os nosos ollos poden ver ao longo de este primeiro traxecto. Iso está perfectamente detallado no Blog emitido pola Asociación, que podemos ver picando co rato no parágrafo marcado en azul ao inicio de este comentario.

En Barizo desviámonos da ruta para volver ao inicio en Malpica.

Facemos un alto para xantar no Bar O Xan. Pola tarde realizamos o que nos queda pisando máis asfalto de que desexáramos. Aínda así, merece a pena facelo.

Temos pensado continuar cada xoves, cando o tempo acompañe, facer todas as rutas da mesma forma.

O tempo en movemento foi de 5 horas, 15 minutos.
A media: 4,2 Qm/h.
N43.32366° W8.80836°

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta