Descargar

Distancia

8,85 km

Desnivel positivo

152 m

Dificultade técnica

Moderado

Desnivel negativo

413 m

Altitud máxima

375 m

Trailrank

39

Altitud mínima

31 m

Trail type

Solo ida

Tiempo en movimiento

unha hora 58 minutos

Tempo

2 horas 25 minutos

Coordenadas

1478

Fecha de subida

17 de octubre de 2020

Fecha de realización

octubre 2020

Crea tus Listas de Rutas

Organiza las rutas que te gustan en listas y compártelas con tus amigos.

Pásate a Wikiloc Premium Pásate a Premium para eliminar los anuncios
Crea tus Listas de Rutas Crea tus Listas de Rutas
Sé el primero en aplaudir
Compartir
-
-
375 m
31 m
8,85 km

Vista 113 veces, descargada 1 veces

preto de Buján, Galicia (España)

Camiño que percorrían os defuntos para ser enterrados na parroquia de Santa Baia do Araño antes de que a aldea de Bustelo pertencera á freguesía de San Xoán de Laíño.
Antes de construír a Igrexa de San Xoán de Laíño en 1754 a aldea de Bustelo pertencía á parroquia de Santa Baia do Araño. O “camiño dos mortos” ía paralelo ó Rego do Treito ou Río Té, pero ó non estar feita a pontella da Devesa do Rei moitas veces era imposible o traslado dos defuntos cara o camposanto, polas enxurradas que no inverno facían imposible transitar polo camiño, tendo que agardar varios días na aldea hasta que as condicións do río permitiran á comitiva fúnebre achegarse ate a igrexa.
Unha vez construída a igrexa de San Xoán de Laíño, os veciños de Bustelo decidiron trasladar ós defuntos ate esa igrexa pois as condicións do camiño eran moito mellores e o treito era menor.
Sitio relixioso

Inicio da ruta

  • Foto de Inicio da ruta
Sitio relixioso

Cruceiro de Alfredo

  • Foto de Cruceiro de Alfredo
Derradeiro cruceiro á saída da aldea e onde se paraba co defunto para unha última pregaria.
Fervenza

Pozo Bastón

  • Foto de Pozo Bastón
  • Foto de Pozo Bastón
Do Pozo Bastón, no río Te, en Araño, concello de Rianxo (A Coruña) cóntase a seguinte lenda. Un mouro achegouse a un mozo de Araño que estaba facendo o servizo militar en África e preguntoulle de onde era. E como lle dixo que de Araño, o mouro preguntoulle se sabía onde quedaba o Pozo Bastón; o mozo díxolle que si, que o sabía, e entón o mouro faloulle así: —No Pozo Bastón están encantadas tres das miñas fillas. Se me fixeses o favor de ir alí e facer o que eu che diga para desencantalas daríache o que me pedises. Como o rapaz estivo de acordo en facerlle aquel favor, o mouro explicoulle ben o que tiña que facer cando se achegase ao pozo e deulle tres bolos de pan. Mais, insistiu o mouro, non perdas os bolos, non lle contes nada disto a ninguén, e, sobre todo, tes que chegar con eles alí sen que llles falte farangullo ningún. Cando o mozo regresou a Araño antes de ir ao Pozo Bastón pasou pola casa e pousou os bolos enriba da mesa da cociña. Mais a muller, curiosa, quixo ver o que había naquel envolto, destapou e levou á boca un anaco dun deles. O mozo moito lle rifou pero xa non había remedio. Colleu cara o Pozo Bastón e ao chegar, tal e como lle dixera o mouro, botou á auga un dos bolos. De contado víu saír da auga unha moza dunha fermosura nunca antes vista por el. Logo tirou o segundo dos bolos e saíu do pozo outra rapaza tan bonita como a primeira. Faltaba o terceiro dos bolos, o encetado pola muller. Tirouno e víu como pelexaba por saír da auga unha terceira moza, tamén moi fermosa, pero coxa. Moito turrou a moza mais como ela non era quen de saír do pozo por sí soa agarrouse ás súas irmás e... volveron as tres para a auga. E alí estarán aínda, entre os cachóns de auga batida daquela fermosa fervenza que se chama Pozo Bastón. https://galiciaencantada.com/lenda.asp?cat=45&id=1551 Galicia Encantada Enciclopedia de Fantasía Popular de Galicia
Panoramica

Camiño dos mortos

  • Foto de Camiño dos mortos
Ponte

Pontella da Devesa do Rei

  • Foto de Pontella da Devesa do Rei
Antes de estar construída facíase moi difícil atravesar o río en tempos de enxurrada.
Panoramica

Aldea da Ferrería

  • Foto de Aldea da Ferrería
Panoramica

Sillón dos Mouros

  • Foto de Sillón dos Mouros
  • Foto de Sillón dos Mouros
  • Foto de Sillón dos Mouros
https://www.facebook.com/media/set/?set=a.336475803129560.1073741825.308320932611714&type=1
Foto

Aldea da Capela. O Araño

  • Foto de Aldea da Capela. O Araño
  • Foto de Aldea da Capela. O Araño
Sitio relixioso

Capela do Pazo dos Calotes

  • Foto de Capela do Pazo dos Calotes
Sitio relixioso

Cruceiro

  • Foto de Cruceiro
Sitio relixioso

Capela da Virxe dos Milagres do Araño

  • Foto de Capela da Virxe dos Milagres do Araño
Monumento

Hórreo do Araño

  • Foto de Hórreo do Araño
O Hórreo mais grande do mundo.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta