Descargar

Distancia

26,66 km

Desnivel positivo

451 m

Dificultade técnica

Moderado

Desnivel negativo

451 m

Altitud máxima

310 m

Trailrank

51

Altitud mínima

-1 m

Trail type

Circular

Tempo

6 horas 45 minutos

Coordenadas

2905

Fecha de subida

12 de enero de 2021

Fecha de realización

enero 2021

Seguimiento en Vivo

Deja que quien tú decidas sepa dónde te encuentras mientras sigues o grabas una ruta desde la app.

Pásate a Wikiloc Premium Pásate a Premium para eliminar los anuncios
Seguimiento en Vivo Seguimiento en Vivo
Sé el primero en aplaudir
Compartir
-
-
310 m
-1 m
26,66 km

Vista 83 veces, descargada 0 veces

preto de Pontevedra, Galicia (España)

Iniciamos esta ruta en Pontevedra, ás 8:30 da mañá, na ponte peonil situada augas arriba da Ponte dos Tirantes. Pasamos á marxe dereita do Río Lérez e seguimos o seu curso ata un pouco antes das "Corrientes". Entón collemos dirección norte, entrando na Xunqueíra de Alba, aínda que por donde camiñamos pertence á parroquia de Lérez.
No lugar de Gándara enlazamos co Camiño Xacobeo Portugués e non o deixaremos ata chegar á Capela de San Amaro, xa no concello de Barro.
Ao chegar á parroquial de Alba facemos unha cativa parada para facer algunha foto e admirar o gravado en pedra que moi posiblemente faga referencia a unha mellora da igrexa mandada facer por Diego Xelmírez ("Didacus Episcopus"). Sería así do século XII esta placa de pedra.
Pouco máis adiante estreamos a recente remodelación total do Camiño ao seu paso por San Caetano. Antes, travesía difícil e perigosa, polo tránsito da estrada de Vilagarcía. As obras realizadas ao longo de 2020, solucionaron este vello problema.
Pasado este punto, o Camiño vai entre árbores ata chegar a San Amaro. Aquí deixamos o Camiño, subimos unha empinada costa e, despois de atravesar a N 550, subimos ás Penizas, donde paramos de novo para contemplar as boas vistas que temos arredor.
Agora toca rodear o monte e logo, pola ladeira do nacente, baixamos ata o Encoro de Pontillón de Castro. Facemos unha pequena parada e tomamos as once, porque son as 11:30 h.
Collemos a continuación a pista de terra que se xunta co extremo sur do muro do Encoro. Entramos en terras de Verducido. Imos andando pola ladeira norte do monte, pero entrando en Xeve, subimos á liña divisoria de augas e mantémonos polo alto. Comemos ás 13:30 h perto do Campo de Fútbol de Santa María.
Ás 14:00 h continuamos a ruta. Ao entrar en Lérez collemos a ladeira sur do monte, coa intención de chegar ao Río Lérez en Couso. Desde alí, cruzando o río pola ponte metálica situada na Estación de Bombeo, seguimos pola marxe esquerda e atravesando os encantadores "Salóns do Lérez" chegamos ás 15:00 h de novo á ponte peonil, inicio e final do traxecto.
Data de realización: 11 de xaneiro de 2021
Waypoint

Aceñas do Couso

  • Foto de Aceñas do Couso
  • Foto de Aceñas do Couso
Waypoint

Camiño de terra e camiño de ferro

  • Foto de Camiño de terra e camiño de ferro
Waypoint

Capela de San Amaro

  • Foto de Capela de San Amaro
Waypoint

Encoro Pontillón de Castro

  • Foto de Encoro Pontillón de Castro
  • Foto de Encoro Pontillón de Castro
Waypoint

Estación de bombeo

  • Foto de Estación de bombeo
  • Foto de Estación de bombeo
  • Foto de Estación de bombeo
Waypoint

Igrexa de Alba

  • Foto de Igrexa de Alba
  • Foto de Igrexa de Alba
  • Foto de Igrexa de Alba
Waypoint

INICIO/REMATE

  • Foto de INICIO/REMATE
Waypoint

O camiño portugués en San Caetano

  • Foto de O camiño portugués en San Caetano
Waypoint

Salóns do Lérez

  • Foto de Salóns do Lérez
  • Foto de Salóns do Lérez
  • Foto de Salóns do Lérez
  • Foto de Salóns do Lérez
Waypoint

Vistas panorámicas

  • Foto de Vistas panorámicas
  • Foto de Vistas panorámicas

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta