-
-
816 m
562 m
0
2,2
4,4
8,72 km

Vista 1 veces, descargada 0 veces

preto de Esgos, Galicia (España)

Saimos de Esgos, onde está o centro de saúde, a 500 metros nun cruce de camiños desviámonos ás piscinas da localidade para a 2,3 quilometros chegar a Quinta do Monte. Pola estrada de Cernada - Arcos dirixímonos ó Mosteiro de San Pedro de Rocas que data do ano 573, foi un dos primeiros da Ribeira Sacra e é moi probablemente o máis antigo conservado de Galicia e de Europa.

A ruta descorre por unha congost que conserva os seus muros laterais e o empedrado onde se poden ve-las rodeiras dos carros que transitaban antigamente. Este "Camiño Real" constituía un eixe estratéxico como vía de comunicación cara as terras de Aguiar e Ourense.

Destaca-lo peto de Ánimas de Meiroá, pero sobre todo o Mosteiro de San Pedro de Rocas, monumento histórico artístico. O mosteiro ofrece unhas vistas impresionantes sobre o Pazo de Rocas e un gran monte de coníferas que ascende cara os picos pedregosos que lle dan nome, orixinados pola actuación dos axentes xeológicos sobre iste lugar.

En 1923 foi declarado monumento histórico-artístico. Sírvese dun cume como elemento condicionante de toda a sua estructura. Os arredores do mosterio de San pedro de Rocas resultan ideais para a práctica da escalada. Situado a 8,2 quilometros atopámonos con Calsomiro, a escasos 800 m do final da ruta.

Recomendacions:
Calzado axeitado, roupa cómoda e auga, dependendo da época tamén algo para cubrir a cabeza e protección solar.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta