Descargar
Monumenta
174 8 3

Distancia

4,88 km

Desnivel positivo

133 m

Dificultade técnica

Fácil

Desnivel negativo

71 m

Altitud máxima

98 m

Trailrank

26

Altitud mínima

2 m

Trail type

Solo ida
  • Foto de CAMIÑOS DO SAL: PATRIMONIO HISTÓRICO E REDE NATURA NAS SALINAS DO ULLÓ
  • Foto de CAMIÑOS DO SAL: PATRIMONIO HISTÓRICO E REDE NATURA NAS SALINAS DO ULLÓ
  • Foto de CAMIÑOS DO SAL: PATRIMONIO HISTÓRICO E REDE NATURA NAS SALINAS DO ULLÓ
  • Foto de CAMIÑOS DO SAL: PATRIMONIO HISTÓRICO E REDE NATURA NAS SALINAS DO ULLÓ
  • Foto de CAMIÑOS DO SAL: PATRIMONIO HISTÓRICO E REDE NATURA NAS SALINAS DO ULLÓ

Coordenadas

26

Fecha de subida

10 de junio de 2016

Meteorología

¡Una buena pista para ayudarte a elegir ropa y material!

Pásate a Wikiloc Premium Pásate a Premium para eliminar los anuncios
Meteorología Meteorología
Sé el primero en aplaudir
Compartir
-
-
98 m
2 m
4,88 km

Vista 2109 veces, descargada 8 veces

preto de Vilaboa, Galicia (España)

CAMIÑOS DO SAL: PATRIMONIO HISTÓRICO E REDE NATURA NAS SALINAS DO ULLÓ. 21 de agosto | 10.30 h

PUNTO DE ENCONTRO
Aparcadoiro das Salinas. Como chegar: se se vai pola N-550 de Pontevedra a Vigo,
hai que tomar o desvío en Vilaboa, á altura do número 132, onde está o paso superior peonil. Coordenadas: 42.353789, -8.626663. Se se vai pola N-554 de Vilaboa a M oaña, cómpre tomar o desvío á altura do número 10. Coordenadas: 42.359415, -8.636690.

Á DESCUBERTA DO PATRIMONIO
As salinas e marismas do Ulló do concello de Vilaboa atópanse situadas no fondo da ría de Vigo, formando parte dunha zona intermareal, que foi ocupada parcialmente ao longo da historia para aproveitamento humano. As salinas foron construídas no 1637 e, xunto coa marisma, constitúen unha contorna de incalculable valor ecolóxico e de gran beleza paisaxística, se ben, como en tantos outros enclaves da costa, os seus usos tradicionais foron abandonados co paso do tempo.

MONUMENTA DIVULGA
Coñeceremos as ruínas da Granxa das Salinas, edificio de finais
do século XVIII e principios do XIX, utilizado pola servidume e os terratenientes, e que dispuña de diversas dependencias para a manipulación do sal e outros produtos. A andaina tamén nos levará a un dos poucos exemplos de muíño de mareas, que aproveitaba as correntes das preamares para mover a súa maquinaria.

CAMIÑANTES CONVIDADOS
Alejandro Costa Fernández, enxeñeiro técnico, monitor de ocio e veciño de Vilaboa, organizador de roteiros a pé e en bici polo espazo natural e polo patrimonio da zona. Francisco Alonso Toucido, graduado en historia e doutorado en arqueoloxía, guía de rutas interpretativas do medio natural. Coa axuda e colaboración da Asociación Salinas de Ulló, adicada á recuperación, conservación e divulgación do entorno das Salinas. Treme, Su Garrido, voz e guitarra, e Margarida Mariño, cello, compartirán con nós a súa música nos pequenos descansos durante a andaina.

A ANDAINA
- Hora de saída: 10.30 h
- Hora de regreso estimada: 14.00 h
- Distancia: 10 km (5 km de ida e 5 km de volta)
- Dificultade: baixa
- Itinerario: Salinas de Ulló, muíño de mareas, dique das Salinas, Granxa das Salinas, Peirao dos Caralletes, Salinas de Larache (final de ida), Monte da Croa-cruceiro do Con (opcional á volta).
- Observacións: andaina por camiño agrario ancho e chan.
- Necesidades específicas: calzado cómodo, chapeu, impermeable (por se chove), auga e un petisco.
- Público destinatario: actividade axeitada para todos os públicos. Inscrición previa: non é necesaria.
- Enlace da ruta: http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=13627765 MÁIS

INFORMACIÓN
info@sinsalaudio.org e no teléfono 619 637 211

Ver más external

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta