xalok79

Tempo  4 horas 48 minutos

Coordenadas 1167

Fecha de subida 16 de noviembre de 2013

Fecha de realización noviembre 2013

-
-
311 m
0 m
0
3,3
6,5
13,01 km

Vista 2541 veces, descargada 58 veces

preto de A Guarda, Galicia (España)

Rede de pequenos sendeiros recuperados que nos permiten percorrer e coñecer cumpridamente o Monte Santa Tegra. A ruta principal coñecida como Volta ou Promonte (PR-G 122), na parte máis alta do monte, está acompañada doutros pequenos sendeiros coñecidos como: Camiño da Citania (1), Atallo Vello (2), Camiño da Fonte da Cal (3), Camiño do Concheiro (4) Camiño do Carro e da Cruz do Home, (5) e o Camiño das 14 revoltas (6).
Pódense escoller varias combinacións, sendo posible principiarmos o noso camiño na Guarda, dende o barrio da Cruzada, ben dende a parroquia de Camposancos ou ben dende o curuto do monte que acolle o Centro de Visitantes, así como outros servizos para o sendeirista.
Este conxunto de camiños ofrece un espazo xeográfico de excepcional beleza, con interminables vistas panorámicas sobre o Río Miño, a súa desembocadura e o océano Atlántico, converténdose nun miradoiro único.
Cada senda mantén unha identidade de seu, propoñendo nos seus percorridos a posibilidade de visitar lugares tales coma o Castro de Santa Tegra, o Miradoiro de Areses, A Pedra Furada ou a Cruz do Home, entre outros.
O conxunto de servizos que se encontra en Santa Tegra, con aparcadoiro e restauración, entre outros, son a combinación perfecta para planificar unha xornada enteira e gozar nunha contorna maxistral.

Un paseo ao redor da desembocadura do Miño, destaca pola paisaxe e pola fauna, xa que é unha zona onde podemos observar moitas aves e tamén hai abundancia de peixes. Moi agradable e relaxante

Ver más external

Mirador do Home

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta