• Foto de Campo Lameiro (Río Maneses PR-G 230)
  • Foto de Campo Lameiro (Río Maneses PR-G 230)
  • Foto de Campo Lameiro (Río Maneses PR-G 230)
  • Foto de Campo Lameiro (Río Maneses PR-G 230)
  • Foto de Campo Lameiro (Río Maneses PR-G 230)
  • Foto de Campo Lameiro (Río Maneses PR-G 230)

Coordenadas 2563

Fecha de subida 11 de diciembre de 2018

Fecha de realización diciembre 2018

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
283 m
64 m
0
4,2
8,4
16,79 km

Vista 105 veces, descargada 13 veces

preto de A Lagoa, Galicia (España)

Baseándonos en unha das rutas que fixo carreiriños pola zona, debuxamos esta en BaseCamp para facela con GPS proximamente.

Se picamos co rato "aquí", podemos ver a que fixemos.

Ver más external

Situada na parroquia de San Miguel de Campo Lameiro, a escasos metros da Ponte Cutián, a área recreativa de Lodeiro é un dos lugares mais fermosos do río Lérez. As súas ribeiras frondosas, acollen unha praia fluvial e son testemuña da unión do río Lérez co seu afluente o río Maneses. O feito de ser punto de partida dunha atractiva ruta (a ruta dos muíños do Río Maneses), o merendeiro dotado de mesas e grellas, o coto de pesca e a praia fluvial, fan desta área de recreativa un lugar ideal para o goce de todos os públicos.
No lugar de Fentáns, parroquia de San Xurxo de Sacos, concello de Cerdedo-Cotobade, atópase esta fermosa capela consagrada a nosa Señora dos Remedios. Ten unha porta adintelada e ornamentada con pilastras con motivos vexetais. No interior ten un arco triunfal sobre pilastras e cunha imaxe da Virxe. Na porta hai un pequeno burato que permite observalo bastante ben.
N42.54070° W8.54363°
WIKIPEDIA: O Parque arqueolóxico de Campo Lameiro (tamén coñecido como PAAR) é un conxunto de arte rupestre ao aire libre, situado no municipio de Campo Lameiro, provincia de Pontevedra. Ten unha extensión de 21,8 hectáreas e alberga no seu interior preto de 100 rocas con gravados e petróglifos de gran valor arqueolóxico e histórico. Forma parte do conxunto de arte rupestre de Terras de Pontevedra. Nos montes do municipio de Campo Lameiro está situada unha das concentracións máis importantes en calidade e cantidade de gravados rupestres ou petróglifos non só da Península Ibérica, senón tamén de Europa, e está declarado como Monumento Histórico Artístico desde o ano 1974. O parque foi inaugurado oficialmente o 6 de xullo de 2011,1​ converténdose no primeiro parque arqueolóxico de Galicia. Constitúe unha extraordinaria paisaxe cultural do que os petróglifos son a parte máis visible. Conta cun centro de interpretación de 5.000 metros cadrados con salas de proxección, exposicións e unha biblioteca. Ademais, nas súas instalacións recréase tamén un poboado da Idade do Bronce, un espazo de carácter vivencial e participativo. (a súa páxina web)
WIKIPEDIA: O concello de Cotobade alberga numerosos gravados rupestres. Os máis significativos están localizados na parroquia de San Xurxo de Sacos, sendo especialmente importante o Conxunto de Gravados rupestres de Fentáns, que acolle preto de 300 gravados. Tres rocas destacan sobre o resto: a Pedra dás Ferraduras, a Laxe dos Cebros e a do Couto do Rapadoiro. O conxunto de Fentáns acolle preto de 300 gravados, aínda que tres destacan sobre os demais. A Pedra dás Ferraduras: É unha das estacións máis coñecidas. Na parte superior desta roca represéntase un dos mellores exemplos de pegadas de cérvidos e bóvidos que se conservan, que parecen camiñar cara a unha combinación de círculos concéntricos. A parte sur está dominada por unha escena de caza ou acoso, formada por sete figuras antropomorfas moi esquematizadas que portan arma e rodean aos cervos. A roca contén ademais tres deseños dos denominados ídolos-cilindros. A Laxe dos Cebros: Sobresae polo seu deseño laberíntico con unha gran cazoleta central. Ao redor deste deseño dispóñense varios cérvidos e diferentes combinacións circulares, coa peculiaridade de que todas as figuras están unidas entre si en maior ou menor medida. O Couto do Rapadoiro: Está localizado nunha pequena roca na que se aprecian catro combinacións circulares. Na parte inferior distínguese o que podería ser un posible ídolo, unha combinación circular e un cérvido acompañado dunha figura humana que parece ferilo. Na parte dereita está representado outro cérvido. Ademais, esta área inclúe outros gravados e petróglifos. Entre outros, os coñecidos como Outeiro dá Besta, Portela dás Rozas Vellas, Coto dá Braña, Outeiro Morcego, Coto dos Porros, Tras a Rasa ou Quenlla do Lixo.
Galicia Máxica: En San Xurxo de Sacos, no lugar de Fentáns, existen unha espectacular ponte de orixe secular sobre o río Lérez que recibe o nome de PonTe Nova ou ponte de San Xurxo, por estar situado na parroquia homónima. Corenta metros río abaixo existen os restos doutra ponte anterior, o que fai probable a adopción do nome ao existente de Ponte Nova. Este, de novo non ten moito, xa que son uns 300 anos os que o contemplan. Ás veces tamén recibe o nome de Ponte Romana, topónimo moi estendido en Galicia para cualificar ás pontes medievais e dieciochescos. Todos aqueles cuxo orixe se perde na memoria adóitanse catalogar como romanos pero en moi poucos dos casos pódese observar trazo algún dos arquitectos do gran imperio romano. Realmente polas súas características construtivas pódese encaixar no século XVIII. A ponte atópase situado nunha das zonas máis espectaculares do encaixado val do Lérez e ademais da beleza natural onde se enclava destacaremos a súa gran altura de luz, xa que se eleva uns doce metros cunha abertura dun só arco cun lixeiro apuntamento. As súas bases apóianse nun leito rochoso que se eleva uns tres metros sobre o río. A súa rasante é a modo de “lombo de mula” e alcanza unha lonxitude aproximada de 22 metros. Polo lugar circula unha bonita ruta de sendeirismo, pero pódese chegar desde a ponte nova da estrada situado augas abaixo. Alí existe unha central hidroeléctrica que move as súas turbinas grazas á auga desviada un 6 km río arriba desde un dos encoros que poboan estes tramos do val do río Lérez. Desde alí un pista ascende por detrás da central ata atopar un vello camiño empedrado que nos conducirá directamente ata a ponte. A ponte localízase nun Lugar de Interese Comunitario (LIC) denominado Río Lérez que conta cunha superficie de 18,60 ha, abarcando o curso baixo do río que comprende un 18 km do seu curso.

2 comentarios

  • Foto de jotrico

    jotrico 18-dic-2018

    Precioso paseo por las márgenes del río Maneses.

  • Foto de jotrico

    jotrico 18-dic-2018

    He realizado esta ruta  verificado  ver detalle

    Precioso paseo por las márgenes del río Maneses.

Si quieres, puedes o esta ruta