Tempo  6 horas 35 minutos

Coordenadas 1924

Fecha de subida 6 de febrero de 2016

Fecha de realización febrero 2016

-
-
243 m
43 m
0
5,3
11
21,08 km

Vista 1152 veces, descargada 10 veces

preto de Darbo, Galicia (España)

Praias de Santa Marta, Liméns, Nerga, Viñó, Barra, Melide; e, de volta, a de Temperáns. Faros: os de punta Saburide, o de punta Robaleira (perfectamente pintado de vermello con liñas brancas que contrasta coas cores naturais do mar, das Cíes, do ceo: diversas tonalidades de verdes, azuis e ocres, que o converten nunha marabilla visual) e o de cabo Home. A aldea de Donón, que pertence a extensísima parroquia do Hío, co seu xacemento do Facho (sX ac - s VII ac) onde moraba o deus Berobreo. Furnas, cantís, vistas dos arquipélagos das Cíes e de Ons, da Costa da Vela, da ría de Vigo, a cidade e a súa contorna ata monte Ferro.

XACEMENTO ARQUEOLÓXICO NO FACHO DE DONÓN.
Santuario do Deus Berobreo e o Facho.
No extremo occidental da Península do Morrazo, o Monte do Facho acolleu ao longo de séculos distintas expresións da vida na comarca, que o son tamén da Historia de Galicia.
En primeiro lugar, desde o s. X a.c. ata o s. VII a.c., existiu un poboado na ladeira este do que a penas temos información salvo a do seu excepcional tamaño. A partir do s. VI a.c. xorde o castro galaico, poboado fortificado que subsistirá ata o século I a.c. Del aínda podemos ver parte das murallas, o foso, as pedras que conformaban as súas vivendas e que hoxe cobren as ladeiras do monte, os vertedoiros de lixo nas marxes do poboado ou a topografía actual do monte que deriva tanto da construcción mesma do poboado como da configuración natural.
Posteriormente, un santuario levantado sobre o cumio vai a recoller as vellas crenzas de quen vivira no castro para dotalas, ao longo dos séculos II ó IV d.C., dun novo carácter, agora marcado polo proceso de asimilación da cultura latina na rexión do imperio romano chamado Gallaecia. Finalmente no século XVIII constrúese o posto de vixiancia costeira con fins militares do cal pervive a garita.
Apareceron 161 altares, no que fai casei dous mil anos debeu de ser un bosque de aras levantadas sobreo cumio do monte.
Nerga
Barra
BARRA
Faro Subrido
Melide
Punta Robaleira
Cabo Home
Pista
Monte Facho

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta