-
-
497 m
422 m
0
1,9
3,9
7,71 km

Vista 1118 veces, descargada 18 veces

preto de Portomourisco, Galicia (España)

De entre A Portela de Portomurisco e Portomourismo parte esta ruta que transcorre a maior parte dela por unha canle romana, chamada do Mondón porque era dende este lugar de onde partía para levar augas do río Xares ate unha mina de ouro situada en Vilanuide, no concello de Quiroga. É un elemento patrimonial de grande interese e escasamente coñecido, podemos camiñar por el grazas a que foi reutilizado a finais dos anos setenta do pasado século para a traida de augas a Pontomourisco, función que aínda segue cumprindo na actualidade. A ruta comeza entre as aldeas de A Portela e Portomurisco, é de salientar que aínda sendo a mesma parroquia A Portela pertence ao concello de Larouco e Portomourisco ao de Petín. Hai que coller unha pista de terra que sae á esquerda en dirección ao Seixo e deixándoa a poucos metros para ir xunto o depósito da auga por un camiño que enlaza coa canle enseguida. As pegadas da primitiva obra romana están ben claras polas talladas feitas a pico nas rochas en varios lugares, nun par de túneles para pasar a auga, no corte feito nunha rocha de enormes proporcións e nas paredes de contención construídas para suxeitar a canle en varios tramos.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta