Tempo  4 horas 7 minutos

Coordenadas 1110

Fecha de subida 17 de octubre de 2015

Fecha de realización septiembre 2015

-
-
513 m
-39 m
0
2,6
5,2
10,41 km

Vista 940 veces, descargada 22 veces

preto de Teixido, Galicia (España)

Ruta expectacular polo entorno do cañón do río Eume con saída da Central de Ventureira.
Non é apta para persoas con medo as alturas, nin para ir con nenos.
Logo de pasar a central abandoada, camiñase pola antiga canle de auga (alternando o cauce ou o muro); despois seguimos por unha senda estreira a carón dun barranco,cun par de puntos un pouco complicados de pasar , nun deles hai un cable de axuda e noutro hai que cruzar unha escorrentía que se leva pouca auga non ten problema. Ao rematar o cañón, a subida ata o embalse faise por unha escada duns 540 chanzos, máis adiante teremos que voltar a subir outras 200 e logo coa axuda dunha corda salvaremos un balado. Xa non hai máis complicacións, ascenderemos ata o mirador de Teixido e logo descendemos ata a Central de Ventureira e punto de incio da ruta.
Ruta para facer con calma e con precaución, pero merece a pena. O percorrido é moderado pero a ruta pode chegar a ser moi perigosa con vento, ou en épocas de chuvia.
Hai unha marcas azuis de gran axuda, feitas por lmr (mil grazas).

Distancia: 10,4 km.
Tempo total: 4 h. 5´ (2,5 km/h.)
Tempo en movemento: 3h. (3,4 km/h)

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta