Coordenadas 340

Fecha de subida 29 de febrero de 2012

-
-
909 m
226 m
0
3,2
6,5
12,94 km

Vista 2063 veces, descargada 12 veces

preto de Abeledos, Galicia (España)

Fermoso tecido de natureza, etnografía, prehistoria, historia e
patrimonio arquitectónico industrial, con importantes vías de
comunicación dende moito tempo atrás. Lonxe da tradicional
visión destas paraxes como ailladas e despoboadas, a
apreciación actual é de que había unha densidade demográfica
semellante á de hoxendía. Hai uns catro millóns de anos a
codia terrestre elevouse como consecuencia do choque da
Placa Ibérica e a Euroasiática, que por un lado, orixinan a
Cadea Cantábrica e por outro, ás denominadas Serras
Interiores como o Courel. O río Sil e o Mao, tributario daquel, xa
existían e víronse atrapados sen poder desviarse cara zonas
máis chás, lambendo para sempre as fondas feridas graníticas
que hoxe podemos disfrutar. Coñécense evidencias
arqueolóxicas dende o Bronce Final, como a Espada de
Forcas.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta