Ruta polos montes de Carballeda de Avia. Feita seguindo esta:
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/carballeda-de-avia-34465499 en relación con este modelo ten unha modificación notable entre Veronza Pequena e Saa por mor de que o camiño está intransitable polos toxos que medraron (está marcada cun waypoint). En xeral os camiños non están non limpos; nin nesta parte "lbre" coma onde coincide con rutas marcadas. En pouco tempo non se poderá atrochar por algúns puntos.
A ruta ofrece algunhas panorámicas sobre os rochedos graníticos da zona e tamén cara a parte do Miño. Aproximadamente dende a metade coincide coa Ruta dos Muíños (de Carballeda) e co Sendeiro Natural de Pena Corneira.
A aldea que máis se atravesa é a de Vilar de Condes e nela podemos ver a potente arquitectura popular, fontes, cruces e cruceiros, a igrexa, un muíño e zona de lecer adxacentes...
En xeral (e tendo en conta tamén o día que estaba pesado de humidade) non me resultou unha ruta emocionante. Non é un desastre tampouco, ollo.
Comentarios