• Foto de Carballeira de San Lourenzo - Vista Alegre – Música En Compostela – Bouza Brei
  • Foto de Carballeira de San Lourenzo - Vista Alegre – Música En Compostela – Bouza Brei
  • Foto de Carballeira de San Lourenzo - Vista Alegre – Música En Compostela – Bouza Brei
  • Foto de Carballeira de San Lourenzo - Vista Alegre – Música En Compostela – Bouza Brei
  • Foto de Carballeira de San Lourenzo - Vista Alegre – Música En Compostela – Bouza Brei
  • Foto de Carballeira de San Lourenzo - Vista Alegre – Música En Compostela – Bouza Brei

Coordenadas 217

Fecha de subida 16 de septiembre de 2011

Fecha de realización septiembre 2011

-
-
291 m
224 m
0
1,0
2,0
4,09 km

Vista 2363 veces, descargada 28 veces

preto de Santiago de Compostela, Galicia (España)

SAN LOURENZO – AS CARBALLEIRAS
O carballo é unha árbore máxica e lendaria nas tradicións europeas. Para os celtas era unha árbore moi importante, de feito a palabra druída significaba “o que observa o carballo”, e tamén tódalas xuntanzas importantes dos celtas debían ter lugar baixo un, costume que inda hoxe conservamos pois as carballeiras seguen a ser o lugar predilecto para as nosas festas e romarías.
Na mitoloxía clásica é a árbore preferida de Zeus, e o castigo que a deusa Ceres inflixiu a Eriticson por cortar unha carballeira foi unha fame insaciable. Eriticson vendeu todo o que posuía para satisfacela, incluída á súa filla Metra, pero todo era inútil para satisfacer a súa fame, polo que acaba devorándose a si mesmo.

GALERAS – RÍOS CORGO Y SARELA
Os ríos de Santiago, igual que os do resto de Galicia tanto na vertente atlántica como cantábrica, teñen como características principais o ser curtos, caudalosos e rápidos: nacen preto da costa, facendo pequenos percorridos até chegar a ela pero atravesando fortes desniveis, que aportan velocidade as súas augas aumentando o seu poder de erosión, e o seu réxime é pluvial polo que se nutren da auga das abundantes choivas propias do noso clima.
No parque de Galeras xúntanse dous dos nosos ríos, xa que o pequeno rego do Corgo desemboca aquí no Sarela, un fermoso afluente do Sar que acompaña polo oeste á cidade de Compostela.

VISTA ALEGRE – CASAS SEÑORIAIS E INDIANAS:
A finca Simeón adopta este nome porque pertenceu a esta familia de banqueiros. Contén unha casa de estilo colonial de principios do século XX así como outros elementos propios dunha vivenda como o peche amurallado, as árbores froiteiras ou o hórreo para almacenar o gran.
Coñécense como casas indianas ás vivendas dos emigrantes americanos retornados ao seu lugar de orixe, e soen ser edificios datados entre a segunda metade do século XIX e principios do XX. Estas casas poden ser rurais (as villas de campo) ou urbanas, situadas dentro do casco urbano da cidade, como sucede neste caso. Soen ser de grandes dimensións e estar feitas de pedra e bos materiais, polo que destacan entre o resto dos edificios entre os que se atopan.

MÚSICA EN COMPOSTELA – ESTANQUE E AVES ACUÁTICAS
No estanque do parque podemos observar aves durante todo o ano: moitas das especies son aves sedentarias, pois completan aquí o seu ciclo vital; outras fan desprazamentos estacionais e pasan aquí so algunhas tempadas, alimentándose ou reproducíndose para logo voar a outras latitudes, sendo aves migratorias (estivais ou invernantes segundo a estación)
Un dos grupos de aves mais abondoso nos humedais son as anátidas, que caracterízanse por ter o peteiro plano. Entre elas destaca o lavanco ou Anas platyrhynchos, que presenta un forte dimorfismo sexual: o macho ten a cabeza verde, cun colar branco que lle rodea o pescozo, o peito marrón e o corpo gris, mentres que as femias son de color pardo. Son animais sedentarios, gregarios, e a súa tempada de cría comeza a mediados de abril.

FERMÍN BOUZA-BREI – ABETO DE DOUGLAS
Abeto de Douglas (Pseudotsuga menziesii)
O epíteto específico conmemora ao naturalista Archibald Menzies, quen descubriu esta especie en 1795. O nome de abeto de Douglas explícase por ser o botánico David Douglas o que enviou as primeiras sementes a Europa no ano 1827. É a especie forestal máis importante do oeste dos Estados Unidos, onde se calcula que representa un 60% do total de árbores.
É unha das árbores madeireiras máis importantes (produce a cuarta parte da madeira dos EE.UU.) empregándose fundamentalmente en carpintaría, para a construción e na industria papeleira.
Entre Oregón e Washington sempre houbo disputas por ver quen tiña o abeto de Douglas máis alto. Na actualidade o abeto de Douglas máis alto é o Brummit (tamén chamado Doerner) en Oregón, que mide 100,27 metros de altura e foi descuberto en 1991.
Ten follas aciculadas dispostas en espiral que ao fregalas desprenden un forte aroma a cítricos.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta