-
-
804 m
539 m
0
2,0
4,1
8,16 km

Vista 5292 veces, descargada 58 veces

preto de Monterredondo, Galicia (España)

Este vai ser un fermoso percorrido non sinalizado pola parroquia de Gorgua (concello de Padrenda), no val que forma o río do mesmo nome e pola parte baixa das abas da serra de Leboreiro, ateigada de carballeiras.
Poñémonos a mochila as costas na área de lecer que hai a carón da ponte sobre o río Gorgua e andando no sentido das agullas do reloxo, a uns cincuenta metros, metémonos por unha congostra que sube a man esquerda e logo de pasar por uns enormes e vellos carballos, acadamos o rego da Corga da Codeseira.
Seguimos subindo mergullados na carballeira a atopamos un cruzamento, collendo a corredoira da dereita. Andamos agora case en horizontal e na seguinte bifurcación imos polo carreiro de arriba, que baixará para atravesar de novo o rego da Codeseira, nunha contorna abraiante. Saímos da carballeira e un cómodo camiño lévanos ata a aldea de A Quinta, con seu espectacular miradoiro dominando todo o val.
Baixamos entre as casas polo camiño que hai antes do miradoiro e chegados a estrada, viramos a dereita ata o desvío a esquerda que nos leva a Abeleira. Abandonamos esta aldea polo camiño fondo da dereita e atravesando o río Gorgua, atopámonos xa preto de onde comezamos a andar. Fixemos o primer bucle da nosa andaina.
Deixamos o núcleo de casas polos camiños da esquerda para acompañar a baixada do río pola súa marxe dereita, sempre a certa distancia, e atoparémonos cunha levada pola que imos para ir xirando a dereita por un camiño entre frondosas que nos devolve a Gorgua.

720 m

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta