Coordenadas 1219

Fecha de subida 27 de junio de 2019

Fecha de realización junio 2019

-
-
516 m
366 m
0
3,1
6,2
12,39 km

Vista 182 veces, descargada 8 veces

preto de Moreiras, Galicia (España)

O noso roteiro vai transcorrer arredor ou preto das beiras do río Lonia, ao seu paso polo concello de Pereiro de Aguiar, un chisco máis enriba do encoro de Cachamuiña que abastece de auga a cidade de Ourense.

O Lonia ou Loña ten o seu nacemento na parroquia de Loña do Monte (Nogueira de Ramuín) e vai desembocar na marxe esquerda do Miño, xa no concello de Ourense.

A andaina, circular, levaranos por zonas boscosas con predominio de carballeiras e por dúas veces vai cadrar con treitos da Ruta dos Muíños, por sendeiros de pescadores e baixo un vizoso bosque de ribeira. Sobre este sendeiro lemos no seu cartel informativo (sacado do Xornal O Sil):

“O concello de Pereiro de Aguiar, un concello rural distribuído en trece parroquias, ofrece ao visitante un entorno natural digno de ser coñecido.

Colle pulo nas beiras do río Loña cunha ampla foresta autóctona de rebolos, bidueiros e salgueiros, e un patrimonio etnográfico como son os muíños de auga que se conservan, ou dos que quedan soamente as ruínas. Son preto dunha ducia de construcións, case todas de dous rodicios, como o do Zapateiro, o do Faba e o do Cambeiro, que ata a pasada metade so séc. XX foron a voz do río Loña con intercambio de sons entre os da forza da auga movendo os rodicios, os do abaneo da tremoia ou o das moas cando triscaban o millo ou o centeo para volvelos fariña.”

Ver más external

árbol

Abetal

Pequeno bosque de abetos.
Picnic

Area lecer

Área de lecer preto do río Loña.
foto

Camiño 1

Camiño, ao comenzar o roteiro.
foto

Camiño 2

Camiño en Cebreiros.
árbol

Carballeira 1

Bosque de carballos.
árbol

Carballeira 2

Bosque de carballos.
foto

Carreiro

Sendeiro de pescadores nas marxes do río Loña.
foto

Cebreiros

Lugar no concello de Pereiro de Aguiar.
Waypoint

Comezo Lonia

Punto de comezo, ao carón da urbanización Veiga de Abaixo.
foto

Corredoira

Congostra en Cebreiros.
fuente

Fonte

Fonte con auga non controlada.
foto

Muiño das Muiñeiras

Muíño hidráulico nas beiras do Lonia.
foto

Muiño do Cambeiro

Muíño hidráulico nas beiras do Lonia.
foto

Muiño do Faba

Muíño hidráulico nas beiras do Lonia.
foto

Muiño do Orentino

Muíño hidráulico nas beiras do Lonia.
Ponte

Pontella 1

Pontón de pedra sobre o Lonia.
Ponte

Pontella 2

Pontón de pedra sobre o Lonia.
Río

Presa 1

Represa nas augas do río Loña.
Río

Presa 2

Represa nas augas do río Loña.
Río

Presa 3

Represa nas augas do río Loña.
Río

Rio Lonia

Afluente do Miño pola marxe esquerda. Nace en Loña do Monte (Nogueira de Ramuín) e desemboca no Miño no concello de Ourense.
Río

Rio Loña

Afluente do Miño pola marxe esquerda. Nace en Loña do Monte (Nogueira de Ramuín) e desemboca no Miño no concello de Ourense.
foto

Sendeiro

Carreiro de pescadores no río Lonia, cadrando coa Ruta dos Muíños.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta