Tiempo en movimiento  unha hora 12 minutos

Tempo  2 horas 2 minutos

Coordenadas 841

Fecha de subida 29 de marzo de 2019

Fecha de realización marzo 2019

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
151 m
62 m
0
1,2
2,5
4,96 km

Vista 71 veces, descargada 2 veces

preto de Mondego, Galicia (España)

Galego:

É unha ruta curta apta para realizar en familia, por exemplo, un domingo pola mañá.
Esta ruta comeza no lugar de Taibó nunha pista que arrinca, aproximadamente, no Km. 4,300 da AC-163, na parroquia de Carnoedo, concello de Sada. Pouco despois do inicio desta pista hai un lugar apropiado para deixar o vehículo no que chegásemos ata aquí. A 150 m. desviámonos á esquerda e seguimos de fronte deixando un camiño sinalizado (variante do PRG -96 Roteiro Mariñán – Costa Doce) á esquerda.
Continuamos chegando ao sitio no que hai un poste de formigón, debendo deixalo á esquerda e ir á dereita. Na seguinte bifurcación seguimos á esquerda e proseguimos chegando a un lugar no que vemos outra un pouco máis abaixo, pero antes dela subimos á dereita e continuamos polo monte nun plano máis alto, que vai ascendendo cara á dereita; este é un carreiro de xabarís no que no verán os fieitos poden dificultar o paso.
Remontamos un valado para seguir subindo e atoparnos con outro valado e, pouco despois, camiñaremos por unha gabia entre dous montes na que veremos un carballo de considerables dimensións e varios espiños. Continuamos por un lugar no que hai un estreito carreiro á esquerda que descende pero que non collemos, seguindo á dereita de fronte por un camiño de servidume máis ancho ata confluír nunha pista ancha de terra pola que seguimos á esquerda. Un pouco máis abaixo viramos á dereita, xunto a unha casa, para dirixirnos a unha estrada asfaltada na que tomaremos á esquerda. Este tramo de pouco máis de 100 m., entre a saída á pista e o coincidente co PRG-96, será común para a ida e a volta (o trazado do percorrido ten forma de oito).
Cen, ou cento vinte, metros máis abaixo iremos pola esquerda nunha pista de terra sinalizada do PRG.96. Por ela encamiñamos os nosos pasos cando, pasado un piñeiro grande, atopamos un carreiro á dereita cun pequeno castiñeiro sinalizado cunha “X” de rumbo erróneo, pero polo que proseguimos virando uns metros despois cara á esquerda levando á nosa dereita unha plantación de eucaliptos e, onde acaba, cruzamos un valado de terra e continuamos descendendo (hai un lugar no que se podería continuar de fronte ao dereita pero imos á esquerda baixando polo carreiro máis marcado. Xa pronto comezaremos a ver a ría de Ares-Betanzos seguindo sempre pola pista máis ancha aínda que vexamos á esquerda un carreiro e un pouco máis adiante, á dereita, unha servidume de acceso a un monte. Neste punto o camiño vai virando lixeiramente á esquerda ata endereitar e chegar ao sitio no que atopamos unha pista de terra ancha que ascende con bastante pendente, á dereita, e pola que tomamos.
Acabada a pista chegamos a unha estrada asfaltada continuando á dereita e volvendo percorrer un tramo que fixemos na ida. Esta vez seguimos pola pista, deixando agora a casa á dereita e subindo á esquerda, á que á ida saímos do carreiro de xabarís. No camiño podemos ver algún vertedoiro de cascallo ou lixo que nos indica a pouca preocupación ambiental que algunha xente ten. Situados no punto do percorrido, 4,3 km. podémonos desviar percorrendo uns 200 m. á esquerda cara ao castro de Taibó ou Sobredavila; no que podemos observar aínda o perfil do foso e os parapetos que aínda se conservan. De novo na pista, seguímola ata chegar, trescentos metros adiante, ao lugar onde comezamos.

Castellano:

Es una ruta corta apta para realizar en familia, por ejemplo, un domingo por la mañana.
Comienza en el lugar de Taibó en una pista que arranca, aproximadamente, en el Km. 4,300 de la AC-163, en la parroquia de Carnoedo, ayuntamiento de Sada.
Poco después del inicio de esta pista hay un lugar apropiado para dejar el vehículo en el que hayamos llegado hasta aquí.
A 150 m. nos desviamos a la izquierda y seguimos de frente dejando un camino señalizado (variante del PRG -96 Roteiro Mariñán – Costa Doce) a la izquierda.
Continuamos llegando al sitio en el que hay un poste de hormigón, debiendo dejarlo a la izquierda e ir a la derecha. En la siguiente bifurcación seguimos a la izquierda y proseguimos llegando a un lugar en el que vemos otra un poco más abajo, pero antes de ella subimos a la derecha y continuamos por el monte en un plano más alto, que va ascendiendo hacia la derecha; este es un sendero de jabalís en el que en verano los helechos pueden dificultar el paso. Remontamos un cercado de tierra (valado) para seguir subiendo y encontrarnos con otro valado y, poco después, caminaremos por una gavia entre dos montes en la que veremos un roble de considerables dimensiones y varios espinos.
Continuamos por un lugar en el que hay un estrecho sendero a la izquierda que desciende pero que no cogemos, siguiendo a la derecha de frente por un camino de servidumbre más ancho hasta confluir en una pista ancha de tierra por la que seguimos a la izquierda. Un poco más abajo giramos a la derecha, junto a una casa, para dirigirnos a una carretera asfaltada en la que tomaremos a la izquierda. Este tramo de poco más de 100 m., entre la salida a la pista y el coincidente con el PRG-96, será común para la ida y la vuelta (el trazado del recorrido tiene forma de ocho).
Cien, o ciento veinte, metros más abajo iremos por la izquierda en una pista de tierra señalizada del PRG.96. Por ella encaminamos nuestros pasos cuando, pasado un pino grande, encontramos un sendero a la derecha con un pequeño castaño señalizado con una “X” de rumbo erróneo, pero por el que proseguimos girando unos metros después hacia la izquierda llevando a nuestra derecha una plantación de eucaliptos y, donde acaba, cruzamos un valado de tierra y continuamos descendiendo (hay un lugar en el que se podría continuar de frente a la derecha pero vamos a la izquierda bajando por el sendero más marcado. Ya pronto comenzaremos a ver la ría de Ares-Betanzos siguiendo siempre por la pista más ancha aunque veamos a la izquierda un sendero y un poco más adelante, a la derecha, una servidumbre de acceso al monte. En este punto el camino va girando ligeramente a la izquierda hasta enderezar y llegar al sitio en el que encontramos una pista de tierra ancha que asciende, con bastante pendiente, a la derecha y por la que tomamos.
Acabada la pista llegamos a una carretera asfaltada continuando a la derecha y volviendo a recorrer un tramo que hicimos en la ida. Esta vez seguimos por la pista, dejando ahora la casa a la derecha y subiendo a la izquierda, a la que a la ida salimos del sendero de jabalís. En el camino podemos ver algún vertedero de escombro o basura que nos indica la poca preocupación medioambiental que alguna gente tiene.
Situados en el punto del recorrido, 4,3 km. nos podemos desviar recorriendo unos 200 m. a la izquierda hacia el castro de Taibó o Sobredavila; en él podemos observar aún el perfil del foso y los parapetos que todavía se conservan.
De nuevo en la pista, la seguimos hasta llegar, trescientos metros adelante, al lugar donde comenzamos.
Waypoint

Comezo ruta

Waypoint

Á dereita

foto

Pola esquerda

Waypoint

Á dereita saíndo do camiño e continuando no monte por un carreiro estreito

Waypoint

Balado

Waypoint

Segundo balado

Waypoint

Gávea

Waypoint

De fronte

Waypoint

Saímos á unha pista collendo á esquerda. Corenta metros despois, na casa, viramos á dereita.

Waypoint

Saída a estrada, collemos á esquerda.

Waypoint

Por pista á esquerda

Waypoint

Xiro á dereita despois dun piñeiro grande. Un castiñeiro coa sinal 'X'.

Waypoint

Continuamos deixando plantación eucaliptosá dereita

Waypoint

Pasamos un balado despois descendendo

Waypoint

Xiro á esquerda descendendo.

panoramica

Vemos a ría á esquerda

Waypoint

Continuamos pola pista máis ancha que vai virando á esquerda

Waypoint

Xiro á dereita

Waypoint

Saída a estrada, collemos á dereita

Waypoint

Á dereita, por onde xa viñemos, e logo, na casa, á esquerda pola pista.

Waypoint

Desvío á esquerda

Desvío ao castro de Talón ou Sobredavila
Waypoint

Á dereita.

Sitio arqueolóxico

Castro de Taibó, ou Sobredavila.

Waypoint

De novo na pista

Despois de saír do castro seguimos á esquerda pola pista.

2 comentarios

  • sandomingo1986 10-sep-2019

    He realizado esta ruta  ver detalle

    Septiembre de 2019: la ruta está bien pero está muy abandonada. A 500 m de empezar, que se gira a la derecha, el sendero está impracticable por culpa de los helechos. Y durante 400 o 500 m más nos tocó abrirnos paso entre la vegetación. Y, aunque los helechos son inofensivos, pueden tener garrapatas y hay ciertas personas que somos dados a llevarnos alguna de recuerdo. Por lo demás, una ruta forestal excepto esos 200 o 300 m de aafalto hacia la mitad. Fácil de no ser por la maleza. Otro poco de maleza y un árbol caído sobre el km 2,5. Tras ese punto, tramo de tierra polvorienta en verano; supongo que en inviero (si llueve) estará embarrado.
    Se pasa un buen rato.

  • Foto de gandaia

    gandaia 24-sep-2019

    Moitas grazas polo comentario; e, sí é certo que coa primavera e o verán os fieitos medran e faise dificil o paso. No outono e inverno secan e caen ao chan e resulta moito máis doado camiñar. Esa parte do carreiro, como seguramente apreciaches, é percorrido por xabaríns e pouca xente pasa por el, polo que se nota abandoado. É tamén certo que con vexetación rozando no corpo é posible rematar con algunha carracha apegada, se ben por esta parte de Sada non abundan coma en outros lugares; por exemplo en Aranga e Monfero, pola beira do Mandeo e o Eume.
    Saúdos.

Si quieres, puedes o esta ruta