Tempo  4 horas 17 minutos

Coordenadas 1977

Fecha de subida 25 de septiembre de 2018

Fecha de realización junio 2018

-
-
857 m
711 m
0
2,8
5,5
11,06 km

Vista 119 veces, descargada 7 veces

preto de Ermida, Braga (Portugal)

Volvemos unha vez máis a gozar dos recantos que nos ofrece o Gerês, nesta ocasión para dirixirnos dende pouco antes da ponte do Arado até o poço Azul.
Deixamos o coche na pista de terra, 100 metros antes da fonte da Chá do Arado (non han faltar fontes nesta ruta). En menos de medio quilómetro xa estamos a atravesar o río Arado pola ponte, dende a que temos un fermoso panorama no sentido descendente do río. Aquí podemos desviarnos cara á famosa cascata do Arado, mais deixámolo para o regreso para disfrutala mais demoradamente.
Seguimos o camiño e a uns 800 metros do inicio temos a fonte do Barracão. E seguindo a pista sen nos desviar, no km 1,9 chegamos a un fermoso e curioso recanto: o curral e a fonte da Malhadoura. O curral, utilizado en tempos como abrigo polos pastores, está escavado no penedo. O penedo situado tras a fonte é realmente fermoso.
No km 3 dende o punto de partida deixamos o sentido da pista que viñamos seguindo para desviarnos á esquerda cara á ponte das Servas (3,5 km), ponte sobre o río Conho. Ao norte vemos varios cumes, entre eles o Penedo Furado. A partir deste momento vaise remontando o río até o poço Azul, mais antes de achegarnos a el debemos afrontar unha pequena ascensión durante uns cincocentos metros até chegarmos onda uns grandes fitos, chamados aquí mariolas. Neste punto iamos distraídos e a falar... vese no track da ruta que continuamos ascendendo por onde non debiamos... nos fitos remata a subida e cómpre continuar de fronte e non desviarse á dereita nin seguir a subir como fixemos durante uns metros.
Os últimos treitos antes do poço e xa á beira do río son fermosos, coa auga formando pequenas pociñas de auga cristalina, e aproximadamente a uns 5,4 km do inicio damos co poço Azul, lugar realmente espectacular e que ben xustifica o paseo, magnífica poza no río Conho.
E de regreso aínda quedaba un lugar espectacular, aínda que demasiado concorrido: a cascata do Arado. Desviándonos dende a mesma ponte do inicio do roteiro, a uns douscentos metros atopamos o miradoiro para ver a fervenza con boa perspectiva, mais é posible descender até a mesma base e darse un baño (se vai bo tempo...).
Rematamos a nosa ruta, collemos o coche e a seguir subimos ao miradoiro das Rocas sen sospeitar a fabulosa sorpresa que nos agardaba: gozando da inmensa panorámica dende este outeiro albiscamos o que semellaba outra fervenza no río Arado cunha boa poza. Deixamos que os nosos ollos "pintasen" un posible camiño até as pedras do río e alá fomos... descubrimos un fermosísimo recanto que deixamos marcado neste track por se alguén que lea isto se quere asomar (recomendámolo, de verdade). O máis simpático é que unha vez alí atopamos un camiño que nos levou de volta á estrada, moi perto da base do miradoiro... iso si, a boa aventura que pasamos remontando as pedras polo río non nola quita ninguén ;-)

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta