Tiempo en movimiento  39 minutos

Tempo  3 horas 16 minutos

Coordenadas 538

Fecha de subida 26 de octubre de 2019

Fecha de realización octubre 2019

-
-
1.283 m
1.084 m
0
0,8
1,5
3,01 km

Vista 4 veces, descargada 0 veces

preto de Santigoso, Galicia (España)

Pequena ruta interpretativa ao Castelo de Santigoso, dentro do programa de Rutas de Historia do ano 2019. Na súa páxina: https://rutasdehistoria.com/tour/cidades-prehistoricas-de-galicia-o-castelo-de-santigoso/ podemos informarnos amplamente sobre este senlleiro sitio. Eis un fragmento:
"No concello de A Mequita, Ourense, xa na extrema mesma onde a Galicia administrativa marxea con Zamora e con Portugal, hai menos dunha década que apareceu, foi descuberta unha fabulosa fortificación sita a mais de 1300 metros de altitude.E non está sola. Nas súas inmediacións, visibles dende ela, hai outras algo menores. Dunha dela sábese que está sobre unha mina de estaño. Do conxunto desta inmensa area urbanizada, apenas nada debido á endémica falla de investigacións."
Queda para outro día completar este pequeno recorrido dende/ata algunha das aldeas próximas (Cádavos, Santigoso) ou dende a capitalidade municipal. Nalgún punto xa coincide cunha ruta marcada (Ruta da Pana: https://amezquita.gal/a-ruta-da-pana/).
Respecto desta mini-ruta, dicir que se pode acceder en coche ata o seu comezo e que tén xa dende o inicio un importante desnivel e así seguirá todo o tempo. Parte da camiñada vai campo a través, por riba dos restos arqueolóxicos, polo que non é indicado que se faga por aí; neste caso, hai a excusa de estar acompañados por investigadores coñecedores do sitio... Mellor subir ata a cima polos camiños abertos.
Contando con guías apropiados, podemos percibir os restos (case mellor indicios de restos) das sucesivas fortificacións que rodearon este monte. Realmente impresionante! Parece ser que houbo varias murallas concéntricas (tres máis visibles, pero parece ser que cinco) e foxos intercalados. É tamén sorprendente o campo de pedras fincadas que se conserva, un elemento bastante singular a nivel incluso europeo. Dicir tamén que no interior, en superficie, non atoparon ningún vestixio de construcións nas cativas campañas de investigación levadas a cabo. Tamén só apareceron algúns fragmentos (moi singulares) de cerámica nas catas, pero enterrados. En todo caso é un recinto enorme con moitos interrogantes por responder.
panoramica

Vista cara o Castelo pequeno e primeiro foxo visible.

Sitio arqueolóxico

Muralla.

Sitio arqueolóxico

Muralla 2

cima

Castelo Pequeno, cimo

Sitio arqueolóxico

Penedos e coviñas

cima

Castelo Grande (1360 m)

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta