-
-
518 m
15 m
0
4,4
8,8
17,61 km

Vista 903 veces, descargada 11 veces

preto de Abanqueiro, Galicia (España)

CASTELO DE VITRES - CANÓN DO BARBANZA
8 de Marzo de 2015

Guias: Rafa e Maví

Saída 9:00 Fontiñas - 9:15 P.Vigo
Comezo: Boiro
Remate: Pobra do Caramiñal
Percorrido: 17 km

A ruta parte de Brazos, preto de Boiro. No seu primeiro tramo cruzaremos por uns pasais o río Coroño, para iniciar unha suba ata Mosquete seguindo un pequeno afluente. Veremos un par de muíños, unha pequena catarata e os restos dun antigo lavadoiro de mineral. Tras cruzar a aldea, iniciaremos o ascenso da calzada medieval lousada aos restos do castelo de Vitres, un asentamento fortificado de carácter estratéxico, e do cal só subsisten as pegadas deixadas polos grandes perpiaños de cimentación.
O resto da suba ata os Chans do Barbanza realízase por pistas de terra, entre vacas e cabalos que campan libremente nesta zona. Dende arriba gozaremos dunhas boas vistas da ría e do percorrido que efectuamos ata aquí. A serra do Barbanza é un macizo granítico de máis de 600 metros de altitude, que domina as rías de Muros e Arosa.Constituye un accidentado relevo que descende vertixinosamente cara á costa. No alto dispón dunha alta concentración de construcións megalíticas, aínda que nesta ocasión non nos encamiñaremos cara a elas, senón que nos desviaremos cara ao canón do río Barbanza, por cuxa crista baixaremos ata confluír co coñecido río Pedras. Xa teremos outra ocasión para realizar un ascenso por este río.
Agora continuaremos a baixada ata cruzar unha pequena illa que queda entre dous brazos do Pedras, nun precioso lugar chamado Entrerríos Continuaremos brevemente por unha senda fluvial, ata a altura da vía rápida, onde, na estrada de acceso a Aldea Vella nos recollerá o autobús.

1 comentario

  • Beche 30-sep-2017

    Realicé está ruta acompañando al CD Fontiñas. La ruta es muy hermosa y con paisajes variados, con magníficas vistas panorámicas de la Ría de Arousa. No está marcada, por lo que se precisa guía o seguirla con GPS.

Si quieres, puedes o esta ruta