-
-
718 m
42 m
0
4,6
9,2
18,4 km

Vista 3868 veces, descargada 62 veces

preto de Ponte-Castrelo, Galicia (España)

Sábado, 11 de xaneiro de 2014
Despois dun período de case tres meses, por circunstancias persoais e de saúde, volvín ao medio natural que tanto me gusta,Concello de Castrelo de Miño. Un percorrido agradable, distinto, un pouco improvisado ata alcanzar o Couto Novelle. Miradoiro fantástico sobre unha bisbarra excepcional. Pouco máis de 18 km para "facer boca" e probar o estado físico. Ao final, sentados fronte ao encoro demos conta de xenerosos bocadillos (xamón e queixo) para repoñer un pouco de forzas.
Castrelo de Miño, rodeado de relevos montañosos, é terra de viños. Clima marcado por influencias oceánicas con microclimas cálidos e secos e invernos cargados de humidade, son condicións óptimas para o cultivo da vide. Componse de sete parroquias (Astariz (Santa María), Barral (Nosa Sra dás Neves), Castrelo de Miño (Santa María), Macendo (Santa María), ponte Castrelo (Santo Estevo), Prado de Miño (Santa María) e Vide de Miño (San Salvador).
Iniciamos o percorrido no Náutico de xeito pausado, gozando deste bonito lugar, con abundante masa forestal. Visibles os efectos dos últimos temporais (moitas árbores caídas e camiños esnaquizados polas fortes chuvias). A zona máis alta do municipio é Couto Novelle, confluencia de (Castrelo, Arnoia e Cartelle.

Ver más external

cima

685 m Coto Novelle

cima

712 m

Waypoint

A Carballeira

Waypoint

As Pedreiras

parquing

Inicio

Waypoint

Noguereida

Waypoint

O Pazo

Río

Regato de Noguereido

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta