-
-
43 m
0 m
0
3,4
6,7
13,4 km

Vista 5620 veces, descargada 133 veces

preto de Zapatal, Galicia (España)

Comeza este percorrido sen sinalizar na praia de As Furnas, en Xuño, lugar onde Ramón Sampredro quedou tetrapléxico ao tirarse a auga e golpearse. Logo faríase a película Mar Adentro. Esta zona chamada Punta de Pedras Negras é de especial beleza polas erosións do vento e as ondas nas pedras.
Seguindo ao norte pasamos pola praia do Río Sieira e súa área de lecer de A Coviña, no medio dun piñeiral. Pasaremos o río por unha ponte medieval dun só arco, no camiño real que unía as parroquias de Xuño e Muro.
Achegámonos de novo a costa na desembocadura do río Sieira, na Boca do Río e atravesamos outro rego, o de Corzo, entrando nun corto treito da costa un pouco máis dificil polos croios e rochas que pasaremos con coidado de non esvarar.
O seguinte punto é o castro de Nadelas, onde non é doado albiscar seus restos. Desviámonos hacia o interior para acadar de novo o litoral no santuario da Virxe do Carme de Nadelas, con soamente unha cruz e un altar.
Ven logo a praia de Queiruga, a praia do Dique, onde chega ao mar o río Maior, e segue a praia nudista de Area Longa.
Acadamos finalmente o castro de Baroña, separado de terra firme pola praia do mesmo nome. Os achados confirman que seus moradores, os Paestamarci, alimentábanse da caza, a pesca, o marisqueo e os cereais. O castro está maioritariamente formado por construccións circulares protexidas por muros defensivos.
26-JUL-09 11:56:57
26-JUL-09 11:41:37
26-JUL-09 13:16:12
26-JUL-09 12:23:48
26-JUL-09 12:34:14
26-JUL-09 14:21:09
26-JUL-09 16:35:49
26-JUL-09 11:36:51
26-JUL-09 13:46:18
26-JUL-09 15:41:50
26-JUL-09 11:51:18
26-JUL-09 12:03:03
26-JUL-09 11:43:16
26-JUL-09 12:21:01
26-JUL-09 16:21:01
26-JUL-09 15:46:50
26-JUL-09 11:53:41
26-JUL-09 15:11:16
26-JUL-09 14:15:09
26-JUL-09 13:36:16
26-JUL-09 11:38:09
26-JUL-09 15:48:04
26-JUL-09 13:13:53
26-JUL-09 12:44:13
26-JUL-09 14:42:50

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta