Tiempo en movimiento  2 horas 29 minutos

Tempo  4 horas 28 minutos

Coordenadas 2131

Fecha de subida 28 de enero de 2018

Fecha de realización enero 2018

-
-
1.073 m
799 m
0
3,1
6,2
12,45 km

Vista 78 veces, descargada 3 veces

preto de Vila, Viana do Castelo (Portugal)

Ruta moito linda con saída e chegada no Castro. Seguindo, con variacións, o PR03 e cunha distancia e perfil moi ausmibles por calquera cunha mínima preparación, descorre polas aldeas do Barreiro, Assureira, O Bico, Curveira e Varziela. Paisaxes serranas de penedías sobranceiras, touzas nas cañadas, aldeas robustas (pero, ai! despoboadas), pontes, alminhas, fornos... Moi recomendable.
Aviso: o tramo onde estan os waypoints "Regueiro" e "Braña" non é por camiño. Atravesa unha braña de monte baixo, mormente toxo. Hai carreiros dos animais e transítase se gran problema. Tal vez con choivas moi fortes haxa problema para pular o regueiro.
Realizada seguindo esta: https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/pr03-castro-laboreiro-parcial-16021032
Edito: para poñer que o programa segue a facer cousas raras. Neste caso, subiu a ruta (wifi) incompleta: deixou sen subir algunhas fotos. Seguía aparecendo como copia local, pero si que estaba na web. Na casa, subín esas fotografías que faltaban ou outras de cámara de fotos. Días despois, mentres facía outra ruta, aparéceme un cartel de que "a túa ruta subiuse correctamente" (algo así), o cal me estrañou. Agora aparecen, efectivamente, subidas todas as fotos orixinais da ruta e as outras (semellantes, as que engadira na modificación).
Pode presentar dificultade en época de fortes choivas.
Aquí non se segue o trilho marcado, pasando por unha braña de toxo e monte baixo. Telo en conta.
Visa sobre os vales ao sur do Castro.
Panorámica
Aldea francamente abandoada...
Deixar pechado!
Fermosa ponte no camiño real...

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta