Coordenadas 1397

Fecha de subida 17 de febrero de 2012

Fecha de realización febrero 2012

-
-
650 m
3 m
0
5,2
10
20,64 km

Vista 3022 veces, descargada 43 veces

preto de Catoira, Galicia (España)

A saída facémola dende a Estación de Ferrocarril de Catoira, percorremos uns 4 quilómetros de asfalto ata introducirnos de cheo no monte. Continuamos a rota polos camiños forestais que existen, rodeados de un bosque de pinos que o fai moi levadeiro, a pesar de que temos que subir ata o pico mais alto da zona, nada mais e nada menos que 641 m. que é o miradoiro de Monte Xiabre, dende aquí temos unhas marabillosas vistas da Ría de Arousa, da desembocadura do río Ulla nas famosas Torres de Catoira, onde desembarcan os non menos famosos Vikinkos, ademais de tódalas cidades que rodean a citada ría (Vilagarcía, Cambados, A Toxa, A Illa de Arousa, Boiro, A Pobra, Sta. Uxía de Ribeira. . . . ) . Continuamos e empezamos a baixada por mais camiños forestais ata chegar de novo a Estación de Ferrocarril.

O tempo total que nos levou foi de 4 horas 50 minutos. Fixemos unha parada de 40 minutos no pico do monte, para repoñer forzas despois da forte subida, é para poder deleitarnos coas sensacionais vistas panorámicas.

2 comentarios

  • Cabra Montesina 03-ene-2014

    A paisaxe fermosa, pero moita carretera asfaltada.

  • Foto de dasparrandas

    dasparrandas 03-ene-2014

    Tes toda a razón, pero por desgracia moitas das rutas que facemos, non nos queda outro remedio mais que pisar o que non queremos, o asfalto. Esta ruta ten moito, debido a que o inicio é en Catoira, polo que non o puidemos evitar. Tamén nos atopamos que no monte Xiabre, moitas das pistas atópanse asfaltadas. Que lle imos a facer, debe de ser o progreso e a modernidade. Aínda que nós seguiremos camiñando e desfrutando das rutas que facemos.

Si quieres, puedes o esta ruta