-
-
648 m
19 m
0
5,7
11
22,97 km

Vista 2115 veces, descargada 40 veces

preto de Catoira, Galicia (España)

Esta ruta circular é unha variante da ruta de Wikiloc Catoira-Pico Monte Xiabre-Catoira de dasparrandas que elimina algo do asfalto final desa ruta e que inclue tramos polas beiras dos regos S. Cibrán e Catoira. Está feita en sentido contrario que a ruta mencionada.
Iniciase na aldea Tras da Veiga (Catoira) e ata o Xiabre se vai por pistas cunha ascensión continuada pero sen elevadas pendientes excepto o tramo final que se accede ao pico do monte Xiabre por un cortalumes. O descenso é suave por pistas e pola beira dos regos San Cibrán e Catoira ata volver ao punto de partida.
A pesar dos datos que pon en Wikiloc -zona da dereita da pantalla, á dereita do mapa- (non sei como modificalos) os kilómetros son arredor de 21 e a duración arredor de 5 horas.
A ruta ten unhas bonitas vistas da ría de Arousa e do ría Ulla. Na ascensión practicamente non ten ningunha sombra, en cambio o descenso excepto o inicio é bastante sombreado.
Foi feita por un grupo de amigos sendeiristas do Barbanza -Vintedouspés- e preparada con monchoimo2.

1 comentario

  • Cabra Montesina 29-dic-2013

    El modernismo acaba con los caminos sin asfaltar. Demasiado asfalto.

Si quieres, puedes o esta ruta