-
-
516 m
62 m
0
3,4
6,8
13,56 km

Vista 1128 veces, descargada 29 veces

preto de Celas, Galicia (España)

Fermosa ruta que parte da aldea de Celas, xunto a igrexa de Santa María e a torre medieval. Moi preto comeza un paseo fluvial, xunto ao Rego das Xesteiras, que acompaña numerosos muíños a carón do regato, que non para de cruzar dunha beira á outra a través de varias pontes de madeira.

Unha vez remata o paseo, hai uns metros de estrada antes de volver coller un camiño, co que comeza a subida ao Xalo na altura do lugar da Ermida. A pesares de estar sinalizado, decidimos subir por outros camiños distintos aos marcado polos cartaces do concello, xa que o circo que forma o macizo do Xalo ofrece moitas variantes, e podes achegarte varias veces sen ter que repetir o mesmo percorrido. Vas collendo altutura nas distintas V que fan esas vertentes, nalgunhas rampas bastante empinadas, ata chegar ao máis alto. Ali agardan as pedras do Petón, onde uns alpinistas practicaban escalada e fomos acompañados por uns motororistas de trial, que facían coma nós unha pequena parada no camiño.

Desde o alto, nas antenas, disfrutamos das vistas que agardan no punto máis alto da comarca, antes de comezar a baixada, pola vertente contraria do monte. A baixada non é demasiado complexa, pero si máis rápida e pindia que a subida, como se ve no gráfico de alturas. Baixamos polas pistas de montaña ata a aldea de Xalo, de feito xusto o último tramo a día de hoxe (22-1-2017), atópase en bastante mal estado debido a tala dunhas leiras da zona.

Desde a aldea do Xalo percorremos varios camiños, por carreiros de veiga, xa nunha zona máis chan e que alterna cultivos con zona de bosque, que nos volveron levar de novo ata Celas.

En resumo unha ruta moi agradable e variada, xa que nunha mesma ruta desfrutas dun paseo fluvial nas Xesteiras, unha parte máis de montaña e de vistas na subida ao Xalo, e unha última parte máis solitaria, por camiños agrícolas entre as aldeas. Non ten moitos kilómetros, márcoa como moderada só debido a que ten bastante desnivel, pero non alberga grandes dificultades técnicas.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta