Tiempo en movimiento  3 horas 17 minutos

Tempo  5 horas 20 minutos

Coordenadas 2703

Fecha de subida 4 de marzo de 2018

Fecha de realización marzo 2018

-
-
489 m
76 m
0
4,0
8,0
15,98 km

Vista 146 veces, descargada 4 veces

preto de Cenlle, Galicia (España)

Camiñada feita a partir do trazado da VII Andaina de Cenlle (2016) e concretamente seguindo esta: https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/vii-andaina-del-concello-de-cenlle-12310598 aínda que sen completar o recorrido proposto. Así acúrtase o paseo e evítase a dura subida final. Naturalmente cómpre dispor de transporte dende Esposende ata Cenlle.
A ruta é moi interesante pola cantidade de elementos que atraen a atención; dende as paisaxes cambiantes, pasando polos elementos arquitectónicos (pazos e casas grandes, vivendas tradicionais, capelas e igrexas, cruceiros, canastros, o mosteiro...) así como as viñas que se están prantando de novo ou conservando...
O trazado está perfectamente limpo na meirande parte dado que coincide cunha ruta marcada (Ruta do Avia) e tamén porque foi limpo para aquela andaina. Porén hai algún treito onde as mimosas xa están invadindo o carroucho aberto para a ocasión. Isto ocorre sobre todo a partir da aldea da Cuña. Advertir que nalgún tramos o piso pode ser escorregadizo pola pendente e ser de pedra. Só é prestar atención. Non ten asfalto.
Hai bastante sombra. Lebrar que esta é unha zona onde se acadan temperaturas moi elevados no verán. Probablemente en días de forte calor, e en horas centrais do día, non sexa o mellor momento para camiñala. Polo demais, totalmente recomendable...
Xa nos primeiros pasos nos asalta esta planta invasora que, non obstante, nestas datas mostra unha fermosa floración e olor agradable.
Aínda perviven algunhas das platacións que foron fonte de ingresos para as xentes da bisbarra.
Magníficas instalacións ...case sen nenas e nenos! Desgrazadamente pouco lle queda para pechar.
Dende aquí temos unha fermosa panorámica cara o val de Ribadavia.
Outra panorámica cara o val do Miño e Ribadavia.
Panorámica sobre o cordal da Pena Corneira
Rochedo dende o que se abarca unha ampla panorámica. Pintoresco o mobiliario e decoración colaborativos...
Fontela de dubidosa potabilidade (segundo os cánones actuais)
Arquitectura popular local. Casa sólida e de boa feitura.
Ruinoso en todo ou en parte...
Capela e panorámica.
Pazo e casarío de Riobó
Magnífico edificio abandoado á ruína...
Capela e vistas sobre o val do Avia e outros.
Aquí conviven a aquitectura tradional, mesurada e sólida, con moderneces que cadaquén cualificará ao seu gusto. En todo caso, berrantes a carón dun edificio senlleiro...
Igrexa e casarío desta aldea rica noutros tempos...
Granxa e casas viciñas. Poderío.
Dosel floral...

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta