Tiempo en movimiento  unha hora 38 minutos

Tempo  4 horas 55 minutos

Coordenadas 1381

Fecha de subida 18 de mayo de 2019

Fecha de realización mayo 2019

-
-
902 m
676 m
0
2,1
4,2
8,38 km

Vista 11 veces, descargada 0 veces

preto de Cerdeira, Galicia (España)

Ruta interpretada por terras de Río (Rutas de Historia). Comezamos na aldea de Cerdeira, a carón da Casa do Comediante, curioso personaxe con raíces familiares nesta casa. Foi virutoso violinista e, sobre todo, coñecido funambulista. Seica tendía un cable dende un lado ao outro do val e atravesaba por el... Máis detalles en: https://sociedadeantropoloxicagalega.wordpress.com/2014/10/26/arsens-blondin-e-a-casa-do-comediante-en-cerdeira-ou-o-caso-do-home-que-andou-polo-aire/
A camiñada lévanos logo á aldea de Mouruás, pasando pola de S. Xulián. En Mouruás achegámonos de maneira privilexiada ata unha pena con sete chanzos, a Pena da Moura, lugar cargado de mitos suxerentes. A carón, no medio da fraga, atópanse a Pena da Raíña e o lugar onde estivo a Pena da Pastora (destruída para sacar pedra para a estrada) e onde se atopou unha espade de bronce parece ser que votiva e outras pezas hoxe desaparecidas. A espada está no Museo Arqueolóxico de Ourense, ou sexa, desaparecida coma aquel que di.
Seguindo a ruta baixamos ata a Ponte do Navea, onde tamén teñen asento mitos e lendas locais. O regreso faise subindo polo medio de máis touzas e soutos, aínda que aquí xa atopamos algún prado.
Interesante percorrido, sobre todo se temos como guía (de luxo) a Miguel Losada, secretario da Sociedade Galega de Antropoloxía!
(O acceso á Pena da Moura non é público por estar dentro da finca dunha casa)
A ruta descorre por camiños abertos pero con auga e lama nalgúns puntos polo que cómpre bo calzado para transitar. Polo demais, ten un certo desnivel pero asumible por [email protected] aqueles que teñan unha mínima preparación.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta