Tiempo en movimiento  unha hora 42 minutos

Tempo  4 horas 41 minutos

Coordenadas 1498

Fecha de subida 23 de septiembre de 2018

Fecha de realización septiembre 2018

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
434 m
298 m
0
2,2
4,4
8,89 km

Vista 178 veces, descargada 5 veces

preto de Cereixa, Galicia (España)

Ruta de interpretación histórica na parroquia de Cereixa (A Pobra do Brollón, Lugo). Comeza onda a parrillada O Fogón, preto da Igrexa de Cereixa. Atravesando carballeiras que foron medrando no que outrora foran leiras de pan, chégase ata os restos da casa de Repil (casa do Facha). Aquí, o 20 de abril de 1949 ten lugar a batalla que marca o inicio do fin da Guerrilla en Galicia. Rodeada por un nutrido destacamento de gardas civís traídos de Ponferrada (para que non tivesen vínculos coa xente da zona), logo de facer disparos sobre outra casa (onde estaba un deles), os guerrilleiros saíron: dous foron mortos, un salvou indemne en estrañas circunstancias e outro fuxíu ferido. Chegou ata Cereixa e pediu socorro nunha casa que resultou ser a do cura. Este deulle acubillo perxurando que alí non estaba.
A ruta complétase cunha visita ao castro de San Lourenzo, pasando a carón dunha suposta localización da casa de Maria Castaña.
Moi importante labor o da Asociación de Veciños de Cereixa que auspician as escavacións e os estudos arqueolóxicos.
A ruta é doada e o interese está no contido histórico especialmente, aínda que as paisaxes son fermosas.
Aquí máis info sobre a ruta: http://rutasdehistoria.com/tour/polas-terras-irredentas-de-lemos-a-ultima-gran-batalla-dos-guerrilleiros-en-galicia/
Sitio arqueolóxico

Casa do Facha, ou de Repil

Fuente

Igrexa e fonte

Sitio arqueolóxico

Castro de San Lourenzo

4 comentarios

  • Foto de BenxamiM

    BenxamiM 11-may-2021

    "Pobra de Brollón"?
    Topónimo: A POBRA DO BROLLÓN
    ... e "Casa do FACHA" 😉

  • Foto de Tío_Pepe

    Tío_Pepe 11-may-2021

    Moitas grazas por estas informacións, BenxamiM. Edito para facer as correccións. Saúdos.

  • Foto de BenxamiM

    BenxamiM 12-may-2021

    Grazas. Vou ver se podo eliminar o 'aviso'

  • Foto de Tío_Pepe

    Tío_Pepe 12-may-2021

    Non importa. É bon que se vexa a colaboración! Saúdo.

Si quieres, puedes o esta ruta