Tempo  5 horas 37 minutos

Coordenadas 883

Fecha de subida 22 de agosto de 2016

Fecha de realización agosto 2016

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
285 m
97 m
0
3,4
6,8
13,55 km

Vista 1571 veces, descargada 51 veces

preto de Caldebarcos, Galicia (España)

Chan das Lamas é una extensa chaira situada a media aba na cara sur do monte Pindo. Neste planalto atópanse aínda enormes curráis para o gando que pacia pola montaña e que por aquí achaban verdes pastos.

O roteiro podémolo comezar na estrada que liga Carnota con Ézaro, a altura de Caldebarcos, subindo polo o seu núcleo interior. Ao chisco de ascender polo medio dunha contorna de ciclópeos penedos, xa empezamos a ter unhas fermosas vistas sobor de as marismas de Carnota e a súa Boca do Río. Axiña chegamos a Chan das Lamas e no alto, impresionantes, as caprichosas formacións graníticas dos Aguillóns e máis a faldra de mediodía do Pindo, monte ateigado de lendas míticas.

Antes de volver sobre as nosas pegadas, albiscaremos desde o miradoiro de Onde se Adora, con engaloiantes panorámicas sobre a praia de Quilmas, Ézaro, Fisterra e a illa Lobeira. Hacia atrás, pasamos deseguido polos curráis con valados de pedra e de novo as vistas son para quedar sen bafo: aló embaixo avistamos o quilométrico areal da praia de Carnota, a língua de area da praia de Caldebarcos e, no medio, a Boca do Río coa súa cambiante morfoloxía ao compás das enchentas das mareas e que forma unha marisma na desembocadura dos ríos Vadebois e Larada. Dito esteiro, que recibe os nomes de Estivariña ou Berberecheira , é dunha enorme riqueza ornitolóxica xa que aquí invernan máis de un centenar de especies de aves acuáticas coma garzas, grúas e parrulos.

Baixamos polo Camiño dos Costados en Panchés cara a praia de Insuela, acoutada por formacións rocosas, e seguindo a Costa da Cabra imos entre casetas de pescadores e as ruínas dunha antiga salgadeira na Gándara de Caldebarcos. Logo de chegar a punta da Boca do Río, volvemos entre as dunas da praia e as marismas para rematar no mesmo punto de comezo.

Ver más external

Praia

Boca do Rio

Desembocadura dos ríos Vadebois e Larada.
foto

Caldebarcos

Núcleo de poboación no concello de Carnota.
foto

Camiño Costados

Camiño tradicional por Panchés.
foto

Casetas

Casetas de pescadores na Gándara de Caldebarcos.
foto

Chan das Lamas

Planalto na aba sur do monte Pindo.
Waypoint

Comezo Chan Lamas

Punto de inicio do roteiro en Caldebarcos.
foto

Costa da Cabra

Costa que vai desde Ézaro ata Caldebarcos.
foto

Curral 1

Peche para o gando en Chan das Lamas.
foto

Curral 2

Peche de pedra para o gando en Chan das Lamas.
fuente

Fonte

Fonte de auga potable en Gándara de Caldebarcos.
foto

Gandara de Caldebarcos

Barrio litoral de Caldebarcos.
foto

Lomba dos Baixadoiros

Aba no monte Pindo, por riba de Panchés.
panoramica

Miradoiro

Miradoiro de Onde se Adora, con boas vistas sobre Quilmas, Ézaro e Fisterra.
amarre

Molle

Amarradoiro de embarcacións, ao carón dunha antiga salgadeira.
foto

Panches

Núcleo de poboación no concello de Carnota.
foto

Pena cabaleira

Pena granítica montada sobre outra rocha.
foto

Penedos

Bolos graníticos.
Praia

Praia Caldebarcos

Longo areal en Gándara de Caldebarcos.
Praia

Praia Insuela

Praia na Costa da Cabra.
foto

Rochas cabaleiras

Penedos montados sobre rochas graníticas.
panoramica

Vista Boca do Rio

Panorámica sobre a marisma de Boca do Río.
foto

Vistas Aguillons

Vistas sobre a formación rochosa dos Aguillóns, no monte Pindo.
panoramica

Vistas Boca do Rio

Panorámica sobre as marismas de Boca do Río.
panoramica

Vistas Caldebarcos

Vistas panorámicas sobre Caldebarcos.
foto

Vistas Monte Pindo

Vistas sobre a mole granítica da aba sur do monte Pindo.

1 comentario

  • Foto de Óscar Carreira

    Óscar Carreira 17-sep-2019

    He realizado esta ruta  verificado  ver detalle

    Esta ruta pareceume moi bonita, pois combina a paisaxe de costa con montanha, e unhas vistas espectaculares. Lástima non estar sinalizada, aínda que en xeral, a excepción dos cruces ou carreteras (onde é preciso o track) é moi simple de seguir. Bon traballo!

Si quieres, puedes o esta ruta