Tempo  3 horas 50 minutos

Coordenadas 1720

Fecha de subida 15 de mayo de 2020

Fecha de realización febrero 2019

-
-
1.022 m
873 m
0
2,8
5,5
11,06 km

Vista 19 veces, descargada 0 veces

preto de Graña, Galicia (España)

A serra do Suído, en plena Dorsal Central Galega, limita ao sur-sueste co serra do Faro de Avión (fixemos un par de excursións a esta serra: https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/prado-faro-de-avion-prado-5651110 e https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/cabana-faro-de-avion-cabana-8700422) e ao norte coa serra do Cando (onde se atopa o fermoso Miradoiro das Tres Rías, ao que nos asomamos na ruta da Escuadra: https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/ruta-da-escuadra-porta-do-alen-e-cruz-do-seixo-serra-do-cando-22200726).

Deixamos o coche á beira da estrada nunha zona moi próxima ao porto de Valdohome, rondando os 1.000 metros de altitude, co cal a nosa ruta resultou practicamente chá, coa ascensión final ao coto Miñoto, punto máis elevado desta serra. Aquí non hai cumios prominentes, a altiplanicie sitúase case sempre entre os 900 e os 1.000 metros.

Nestas zonas tan elevadas abundaban (e abundan) os pastos para o gando no verán. Os pastores descansaban e pernoctaban nos chozos, pequenas construcións con paredes e teito de pedra (cos teitos cubertos de musgo para facilitar o illamento térmico, e normalmente protexidos do vento do norte, ben polo terreo, ben por penedos). Dende eles podían estar pendentes do gando que se atopaba no sesteiro, parcela de pastoreo delimitada por pedras. A abundancia de lobos e os seus ataques reiterados ao gando levaron aos habitantes dos lugares próximos a construír os coñecidos foxos do lobo, mais na ruta de hoxe non pasamos por ningún deles. Hai quen ten datado os primeiros chozos nos séculos XII e XIII. Arredor deles situábanse uns pequenos cortellos nos que recoller os xatos (conservados parcialmente arredor do chozo de Rodeiro). Para quen teña curiosidade sobre este tema, dispondes de boa información nesta páxina: https://web.archive.org/web/20101121135331/http://www.concelloavion.org/htm/es/tur_04.htm.

No percorrido fomos visitando os seguintes chozos:
- Chozo de Cernadas
- Chozo de san Xusto ou da “Fenteira” (situado no campo da Fenteira)
- Chozo de San Vicente
- Chozo de Oroso
- Chozo de Abelenda ou Valdohome (o máis grande e o único de tres arcos)
- Chozo de Rodeiro
- Chozo de Mangüeiro

No camiño hai varias fontes: onda o chozo de Cernadas, ao pasar o chozo de Abelenda e algo máis adiante, xunto cun pequeno merendeiro. O río Avia ten a nacente ao pé destes chozos, seica entre os de Cernadas e san Xusto.

Despois de visitarmos os chozos, encamiñámonos cara ao coto Miñoto. Logo dun quilómetro e medio de asfalto e coincidindo cun portalón metálico, decidimos dirixirnos ao cumio directamente a través do monte. Pouco máis de 1,5 km por monte baixo e senda, cuns 700 metros de ascensión final. Dado que dende o alto podiamos albiscar o coche, fomos inventando o camiño de descenso até dar cunha senda que nos levou á estrada uns metros máis arriba.

O coto Miñoto (1.056 m) é o pico máis alto da serra do Suído. Aquí xúntanse os concellos pontevedreses de Fornelos e Covelo e mais o ourensán de Avión.
Waypoint

Chozo de Cernadas

fuente

Fonte

Waypoint

Chozo de Xusto

Waypoint

Chozo de san Vicente

Waypoint

Chozo de Oroso

Waypoint

Chozo de Abelenda

fuente

Fonte

Waypoint

Chozo de Rodeiro

Chozo e cortellos
fuente

Fonte e merendeiro

Waypoint

Muíños eólicos

Waypoint

Chozo de Mangüeiro

Chozo e cortellos
Waypoint

Portalón (cancela grande)

Acceso a camiño monte a través
cima

Coto Miñoto

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta