Tiempo en movimiento  2 horas

Tempo  3 horas 23 minutos

Coordenadas 1770

Fecha de subida 8 de abril de 2018

Fecha de realización abril 2018

-
-
500 m
365 m
0
2,6
5,2
10,44 km

Vista 68 veces, descargada 2 veces

preto de Beiro, Galicia (España)

Circular pola zona de Castro de Beiro, parroquia de Palmés, A Conchada, Abeleda e Cima da Costa (principio e fin).
Ruta amena e sen moita dificultada. Ten fermosas vistas sobre o val do Miño e atravesa moitos pequenos núcleos con construcións interesantes (tamén outras "modernas" de gusto dubidoso). Mágoa que tamén esta zona, tan preto de Ourense, estea tan despoboada e abandonada.
O trazado é perfectamente transitable. Ten unha certa porcentase de estrada.
Feita a partir desta: https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/ourense-comarca-de-ourense-ourense-ruta-palmes-o-castro-de-beiro-14537393
Igrexa nun picouto dende onde se divisan fermosas panorámicas. Presenta interesantes detalles artquitectónicos. Curios tamén o cemiterio, en socalcos. Desta parroquia foi cura Basilio Álvarez, quen promoveu o movemento agrario a comezos do século XX. Entre 1836 e 1943 pertenceu ao Concello de Canedo. Dende entón pertence ao de Ourense, que o absorbeu.
Casa con pedereitos historiados. En ruinas...
Muiño de dúas pedras, con cubos cilíndricos. Non son comúns nesta zona.
Igrexa de San Mamede de Palmés.
Casaza que debeu seu rica. Hoxe está mantida pero con aspecto de pouco habitada, ademais de ser dividido o conxunto.
Forno reconstruido... daquela maneira.
Parada do urbano. Lugar da Burata.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta