Percurso alpino a non perder. Feita seguindo:
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/coll-del-gran-san-bernardo-lacs-de-fenetre-ruta-del-quatre-colls-27300892 A carón do hotel Italia hai zonas de estacionamento. A ruta está máis ou menos establecida "oficialmente", non resulta difícil seguila, aínda que o GPS sempre axuda.
Comézase ao carón da estatua do S. Bernardo e descéndese para atravesar a estrada. Nesta parte hai moitos sendeiros polo que é posible desviarse. Máis adiante volveráse atravesar a estrada cerca dunha granxa-negocio turístico.
A subida ao primeiro coto non é complicada nin especialmente dura. Dende a cima (onde se atravesa a fronteira entrando en Suíza) hai unha espectacular vista tanto das cimas a un ou outro lado coma sobre o primeiro dos lagos de Fenêtre. A baixada vai descobrindo novas lagoas a cal máis fermosa. Cando pasamos a carón da última, no lugar onde desauga, é aconsellable desviarse á esquerda (precaución!) para ver tanto o curioso sumidoiro onde a auga que rebosa da lagoa desaparece coma a espectacular panorámica sobre o val do Danse de Ferret.
Logo comeza un treito progresivamente máis difícil, tanto polo desnivel a superar, coma polo estreito e colgado da pasada nalgún punto cavada na rocha. Esta é unha zona non apta para persoas con vertixe.
Dende a cima, Col de Bastillon, temos outras magníficas vistas todo en redondo. Baixada sen mor dificultade, seguindo os estantes de pedras que a xente foi dispondo para marcar o sendeiro.
A seguinte subida volve ser difícil e mesmo perigosa, non acaída para persoas vertixinosas. Faise en zig-zag volvéndose o carroucho máis estreito cara a cima. Cerca da cima descóbrese outro sendeiro que atravesa unha zona de derrubes bastante horizontalmente e que, se se dirixe ao Col de Bastillon, podería aforrar moita baixada e subida. Non sei.
No cima vólvese ter unhas impresionantes vistas mesmo, con sorte, do Cervino.
A baixada tamén ten algún pequeno treito estreito e aéreo, pero en conxunto é doada. Remata na estrada, xa nas proximidades do albergue da zona suíza. A ruta orixinal contornaba o lago pero nós atallamos pola estrada.
Comentarios