Despois deste ultimo confinamento poder realizar este roteiro e nunha perfecta compañía resulta complicado de poder describir nun pequeno texto, pero ahi vai.
Puidémonos xuntar 4 amig@ s para comezar ás dez da mañá preto da Igrexa de San Lourenzo de Moimenta, en Lalín na que creo que será o roteiro XXVI de Roteiros de Lalín. Seguimos en todo momento as marcas que coloca e manten Roteiros de Lalín coa colaboración do Concello.
Enseguida metémonos xa en camiños de terra, ou mais ben barro debido ás fortes choivas de días pasados, e ímonos a ir achegando a un dos tesouros do roteiro de hoxe. Atravesaremos un pequeno tramo que no seu día ao parecer foi Calzada Romana, ata pouco antes de chegar á Aldea de Castelo.
Sobre este lugar atopei a seguinte información que copio e pego aquí indicando a fonte:
O CASTELO (Cadrón – Lalín) e que me resulta moi interesante.
" O Castelo é unha aldea moi próxima a Agolada, no veciño concello de Lalín. O Arnego marca no medio unha barreira líquida que antano se salvaba por unha ponte medieval da que aínda quedan vestixios merecentes de atención. A relación entre Agolada e o Castelo sempre foi intensa e amable. Ao Castelo iamos buscar os doces para a festa e cos do Castelo compartiamos a tosta de Vilariño para os baños estivais e as tabernas do Souto e do Ríos para repoñer “combustible”.
Agolada e o Castelo estiveron unidos desde os albores da historia por un camiño antigo, que logo se dixo medieval. Elisa Ferreira Priegue, estudosa dos camiños, mesmo indica que por aquí transcorrería unha calzada romana de segundo rango. Este camiño viña de Esporiz (Monterroso) polo Marco, pasaba Agolada e descendía ao Arnego ata a Ponte Vilariño. Desde aquí trazaba un pronunciado cóbado para ascender a Cadrón. Seguía ao Castelo e desde o Castelo buscaba a Ponte das Abellas para continuar por Cancelas, Palmou e chegar ao Vento. Collía dirección a Santiso, Bendoiro, Prado, A Borralla e a Ponte medieval de Taboada.
O topónimo Castelo é moi transparente. Alude a unha fortificación ou a un tor granítico. No fondo da aldea hai un promontorio rochoso que con toda certeza lle deu nome á aldea. Eu aventuro (e perdóenme o atrevemento) que probablemente se trate dun castelo medieval do que descoñezo referencias históricas, pero a conformación do outeiro e a aquitectura dalgunhas casas aledañas parencen indicarnos tal posibilidade. Eu intúo que parte dos perpiaños utilizados nunha casa fidalga, en proceso de restauración actualmente, foron reutilizados dunha construción máis antiga, que moi ben podería ser o orixinario Castelo que lle deu nome á aldea. Portadas molduradas en bisel, lintel apoiado en mochetas, cornixas en gola baixo o tellado, perpiaños rubricados cos sinais identificativos dos canteiros son propios da Idade Media e moi probablemente pertencentes a un edificio singular e de boas proporcións. Na microtoponimia da aldea designan as leiras e os prados que hai na parte baixa deste outeiro como o Sucastelo, topónimo que indicaría a situación respecto do Castelo situado en lugar máis elevado. Déixoo así para investigadores máis avezados que queiran afondar nesta hipótese. "
(Traballo copiado do Blog AQUAM LATAM editado o día 4 de Febreiro de 2014)
obtenido de la web: https://joseiglesiasfernandez.wordpress.com/2014/02/13/o-castelo-cadron-lalin/
Poco después de salir de Castelo nos acercaremos al rio Arnego, lugar maravilloso donde los haya, y o rego de Xara, e diriximonos a Cadrón.
A continuación, ainda que hoxe non etá sinalizado, desviamonos a dereita para subir a Monte Castelo para ver uns petroglifos, dos que atopei a seguinte información na Voz de Galicia
web: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/lalin/2016/01/31/aparecen-mais-petroglifos-na-zona-moimenta-cadron/0003_201601D31C6991.htm
"Daniel González Alén
Lalín 31/01/2016 05:00 h
A setecentos metros ao norte do que xa se coñece coma o «Parque Arqueolóxico de Moimenta», que localizamos meses atrás e que na actualidade e obxecto de estudo e catalogación por parte da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Xunta, atopamos unha nova estación rupestre no Monte do Castelo da parroquia de Cadrón (Lalín) que, dada a súa proximidade e semellanza dos gravados coas anteriores, ben podería formar parte deste importante enclave arqueolóxico que agarda a súa posta en valor.
A estación rupestre atopase a media ladeira ao norte do chamado Coto do Castelo (572 metros de altitude), nun penedal que milagrosamente quedou fora da explotación dunha grande canteira que arrasou as inmediacións aínda que presenta claras pegadas de ter sido mutilada con barrenos e maquinaria. Os gravados poden verse en catro rochas aínda que non descartamos a existencia de mais xa que o mato e os liques cobren boa parte deste outeiro rochoso.
Na nosa opinión nesta estación rupestre no Monte Castelo mestúranse os gravados prehistóricos con outros mais recentes de tempos xa históricos e mesmo algún cruciforme repicado, semella de tempos relativamente recentes.
Combinacións xeométricas, cazoletas, ferraduras e cruciformes
Na rocha que aparece en plano inferior, unha laxe chá de uns 4 metros cadrados ao descuberto, óllanse mais dun cento de cazoletas que van dos 3 aos 6 centímetros de diámetro e ata 2 centímetros de fondo. Ao carón desta en plano superior unha peneda duns 3x2 metros atópanse media ducia de cruces, outras tantas cazoletas semellantes as anteriores, un circulo con radios a modo de cruz no interior -poderia ser unha espiral- e un par de ferraduras. Na terceira das rochas con gravados situada a dereita da anterior e de menor tamaño, os motivos son tres cazoletas e varios xeométricos de difícil interpretación. A última das rochas con gravados situada ao norte mesmo detrás das anteriores e a que presenta maior variedade de motivos nos gravados que contén. Pódense ollar media ducia de combinacións circulares con radios a xeito de cruces, unha ducia de cruciformes e varias formas xeométricas. Estes gravados lembran aos que temos localizados no Monte da Costa en Moimenta a menos de un quilometro de distancia.
A uns 200 metros ao sur desta estación rupestre e detrás da grande canteira, xa preto do cume do Coto do Castelo, nun penedal poden verse dúas ferraduras de uns 15 centímetros e malia rigoroso cacheo que demos a zona -con Mary Batán e meu irmán Xesús, compañeiros decote en moitas pescudas na procura do patrimonio dezao- non descartamos a existencia de mais gravados nos grandes penedais dos arredores que puideran salvarse das canteiras.
Nesta paraxe que os paisanos de Cadrón coñecen tamén coma Cima da Costa, disque houbo en tempos un penedal coñecido coma «Pena dos Mouros» -segundo me informa o amigo José Iglesias- que tiña «fochancas nas que dicían os vellos se levaban as bruxas e os trasnos». Tamén apunta a existencia de mámoas que aquí chamaban «medorras» agora agochadas entre os toxos e que veu ver fai moitos anos o entón secretario do Museo de Pontevedra, Alfredo García Alén.
A estación rupestre do Monte do Castelo puido ter sido lugar de culto dos primitivos habitantes do país. A panorámica que se ofrece desde este miradoiro é impresionante. Óllanse as terras de Agolada que van dende o rio Arnego encostando cara o Farelo, Coitemil, o castro de Marcelín e a Pena Maior, onde tamén os habitantes da prehistoria deixaron as súas pegadas que de cando en cando nós tratamos de rescatar do esquecemento.
Un enclave que puido ser lugar de culto e miradoiro onde óllanse as terras de Agolada
Un patrimonio a valorar "
Volvemos sobre os nosos pasos uns 500 metros para retomar a senda principal, e pouco despois teremos a opción de atallar a Moimenta pola dereita ou continuar pola esquerda e facer o percorrido longo, que no noso caso foi o que felizmente fixemos.
Teremos que subir un bo tramo de lama ata chegar o cruceiro de Furco, onde viramos a dereita e continuamos camiño ata o que foi case case o mellor agasallo de hoxe, o camiño de Lubreiro. Zona que recentemente foi recuperada para o deleite dos camiñantes, un tramo de camiño marabilloso.
Despois de isto xa hacia Camiño Novo e xa Moimenta finalmente.
Repito que e unha autentica sensación de deleite todo o camiño, as xetes que atopamos na andaina resultaron encantadoras, e dende aqui o meu agradecemente a José Luis Jácome polas indicacions, e sobre todo polo traballo que hai detras de todo esto, e o Concello de Lalín.
Comentar que si mal non recordo non temos fontes, non ten ningún treito tećnicamente compricado, recomendable a realización da ruta en este sendido e non o inverso, e pouco mas, que o disfrutedes tanto como nos.
Mais fotos aqui: https://photos.app.goo.gl/6VTFgS4oUC3aodGv7
Valoración MIDE
Mointenta - Cadrón, Lalín
horario 3h 45'
desnivel de subida 356 m
desnivel de bajada 356 m
distancia horizontal 15,1 Km
tipo de recorrido Circular
severidad del medio natural 2
orientacion en el itinerario 1
dificultad en el desplazamiento 2
cantidad de esfuerzo necesario 3
Condiciones de invierno, tiempos estimados según criterio MIDE, sin paradas.
Calculado sobre datos de 2021.
Avituallamiento
bar moimenta
Foto
Cadrón Pq. Santo Estevo
Sitio relixioso
Cruceiro memorial
Cruceiro memorial
Lalín, Pontevedra, ESP
Sitio relixioso
Cruz Aislada10
Intersección
desvio opcion corta o larga
Sitio relixioso
iglesia san lourenzo de moimenta
Sitio relixioso
Igrexa de Muimenta
Intersección
inicio tramo camiño
Waypoint
Límite de Municipio / Provincia6
Sitio arqueolóxico
petroglifos costa do castelo
Sitio arqueolóxico
petroglifos costa do castelo
Comentarios