Tempo  2 horas 42 minutos

Coordenadas 552

Fecha de subida 8 de septiembre de 2017

Fecha de realización septiembre 2017

-
-
58 m
23 m
0
2,0
4,0
7,97 km

Vista 1456 veces, descargada 46 veces

preto de Puentevea, Galicia (España)

Ruta inédita que une os tres enclaves de referencia da ribeira teense do Ulla: A Burga de Xermeade, a Ponte Medieval de Pontevea e o Couto de Pesca de Couso. Un percorrido circular de 8 km que aproveita as recuperadas sendas fluviais e antigos camiños de ribeira deste treito final do río Ulla o que nos permite contemplar o seu interesante patrimonio natural e cultural asociado á auga (muíños, fontes, pesqueiras, lavadoiros, etc).
O punto de partida é o coñecido manancial de augas sulfurosas, cloruradas e sódicas da Burga de Xermeade de gran sona en toda a comarca polas súas propiedades mineiro – medicinais. Ó seu carón fican os restos do antigo balneario, hoxe en ruínas, situado entre carballos e sobreiras centenarias.
Porén, o gran protagonista desta ruta é a histórica ponte medieval de Pontevea, emblema dos concellos de Teo e A Estrada, e que une as provincias da Coruña e Pontevedra. Unha construción de transición románica – oxival (s. XIV – XV) de 80 metros de lonxitude, case 11 metros de altura e 2,50 de ancho, que conta con seis arcos apoiados en cinco grandes piares. A pesar dos avatares históricos que viviu e das fortes crecidas do Ulla segue a manter a súa fisionomía orixinal.
Tras cruzar a ponte, seguiremos a ruta pola beira teense onde os camiños atravesan pequenas carballeiras e interesantes masas de arboredo de ribeira ata chegar á confluencia do río Santa Lucía. Dende este punto, camiñaremos polas recuperadas sendas de pescadores ata acceder á area de lecer do Xirimbao e o Couto de Pesca de Couso, un dos máis apreciados coutos salmoneiros de Galicia polo que pasaron ilustres “pescadores” como o caudillo Francisco Franco e o escritor estadounidense, Ernest Hemingway. Entre as infraestruturas do Couto de Pesca destacan dúas edificacións dos anos sesenta, o refuxio de pescadores e a emblemática Ponte Colgante de Mariola, así chamada polo seu deseñador, o enxeñeiro José Darque, na honra a unha familiar de nome Mariola Pavés.
Logo de cruzar a oscilante ponte, regresamos a Pontevea pola beira estradense, onde salienta a presenza dunha das casas señoriais máis antigas do concello, O Pazo de Maíndo, último vestixio das antigas casas – fortalezas que existiron nesta zona do Ulla, e que pertenceu a grandes liñaxes da nobreza galega como os Bendaña, Castro, Reino e Ximonde, como así testemuñan os seus antigos brasóns situados nas portas de acceso e fachadas principais deste caserón da parroquia de Santa María de Couso. As reformas dos Ximonde transformaron esta antiga construción militar nunha casa grande na que os seus administradores coidaban e xestionaban as antigas pesqueiras do Conde.
No derradeiro treito pola ribeira estradense tamén podemos observar os pequenos illotes que canalizan as augas do río, así como pequenos areais e praias fluviais en proceso de recuperación para a súa futura valorización social.
Esta ruta foi posible grazas ó traballo realizado nestes últimos meses pola Asociación Entre As Pontes en colaboración co Concello de Teo. Trátase só dunha primeira fase de recuperación dos antigos camiños e sendas fluviais que terá continuidade nos vindeiros anos ata lograr acondicionar e consolidar unha senda que cumpra coa vella arela dos veciños de Pontevea de contar cun espazo para o lecer ás beiras do Ulla e asemade mellorar a acollida dos posibles visitantes.

Ver más external

  • Foto de Area de lecer do Xirimbao
Area de lecer
  • Foto de Burga de Xermeade
  • Foto de Carballeira
Acceso a senda da Ribeira
  • Foto de Desembocadura
Desembocadura do Río Santa Lucía
  • Foto de Muíño de Couso
  • Foto de Muíño do Borbexo
  • Foto de Pasarela Mariola
  • Foto de Pasarela Mariola
Pasarela Mariola
  • Foto de Pazo Maíndo
  • Foto de Pazo Maíndo
  • Foto de Pazo Maíndo
  • Foto de Pazo Maíndo
Pazo Maíndo
  • Foto de Ponte Medieval de Pontevea
  • Foto de Ponte Medieval de Pontevea
  • Foto de Ponte Medieval de Pontevea
Ponte Medieval no linde entre as provincias da Coruña e Pontevedra
  • Foto de Refuxio de pescadores
Refuxio de pescadores
  • Foto de Vista illa
  • Foto de Vista illa 2

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta