Sé el primero en aplaudir
Vista 3382 veces, descargada 93 veces
preto de Zobra, Galicia (España)
CIRCULAR DE ZOBRA - SERRA DO CANDÁN
11 de Xaneiro de 2015
Guias: Ramón / Pedro
Nesta ocasión visitaremos unha das serras interiores da Galiza. A meirande parte desta andaina discorre por terras do concello de Lalin. Zobra está como agochada nas estribacions da Serra do Candan.
Non e doado imaxinar como serían os accesos ate este apartado lugar fai decenas de anos, denantes que o asfalto laminase o que naqueles anos eran camiños. Un dos engados de esta ruta e percorrer os vellos camiños por onde se comunicaban as pequenas poboacions que salpican , espalladas, a Serra do Candan.
Nos escollemos para esta ocasion unha ruta curta, duns 15 km aproximadamente; fermosa e amabel para o camiñante, que pouco necesita esforzarse. A ruta discorre nos seus primeiros kilometros entre terras de laboura e vellas corredoiras. Deixando atras aldeiñas encantadoras como Ameixedo e Portomartin, adentramonos no fondo da Serra, nunha continua ascension ate chegar o Alto do Coco, a case mil metros de altitude, que pon a proba as pernas do mais avezado sendeirista.
Segue unha longa baixada ate a Ponte dos Medos; unha vella ponte de lousas para cruzar un pequeno rio, o Deza. Logo de cruzar o regato, o camiño lévanos ás antergas minas de estaño. Ali comeza unha nova subida longa e un pouco dura para chegar o Campo Valiño, unha chaira no medio do monte, dende a que xa se ve Zobra.
O río Deza e un dos principais afluentes do Ulla e discorre integramente pola provincia de Pontevedra, regando a comarca que leva o seu nome e atravesando os concellos de Lalín, Silleda e Vila de Cruces. Nace nos montes do Testeiro(Serra do Candán) , na parroquia lalinense de Zobra e desemboca no rio Ulla, no lugar de Gres (concello de Vila de Cruces) .
A Serra do Candán está situada nos Concellos Pontevedreses de: Foracarei, Lalín e Silleda. Nela nacen os ríos Lérez, Umia e Deza, entre outros regatos. As cumbres están dominadas por vexetación de matagueiras, algunha que outra pequena carballeira e poucos pinos dispersos, moitos afloramentos rochosos e con escasos nucleos de poboación. Neste extenso espacio natural, de baixa densidade de poboación, dominan as suaves altitudes de caseque mil metros, os vales encaixonados con vexetación autóctona e os rios de augas cristalinas
Ver más 
Eri y Edu 15 mar. 2016
He realizado esta ruta Ver más
Información
Fácil de seguir
Entorno
Moderado
Muchas gracias por facilitarnos el recorrido. Saludos
Ne.no 12 oct. 2016
He realizado esta ruta Ver más
Información
Fácil de seguir
Entorno
Moderado
Una bonita ruta por la Sierra do Candán. Gracias