Tiempo en movimiento  3 horas 19 minutos

Tempo  5 horas 6 minutos

Coordenadas 2637

Fecha de subida 6 de septiembre de 2020

Fecha de realización septiembre 2020

-
-
1.297 m
774 m
0
3,7
7,5
14,9 km

Vista 46 veces, descargada 0 veces

preto de O Burgo, Galicia (España)

Percorrido moi interesante por unha zona de vistas magníficas. Comezamos no Burgo (Castro Caldelas), a carón da súa maxestosa igrexa. Esta aldeíña tivo que ter un pasado de máis esplendor que actualmente polas súas construcións. Hoxe segue sendo un núcleo moi xeitosiño, de casas arranxadas e mesmo algunha impoñente. Chama a atención igualmente un "xardín parroquial" na contorna da igrexa.
O primeiro quilómetro andámolo por estrada para xa logo coller pistas e camiños que, ata comezar o descenso de volta, están limpos e rozados. Neste día tivemos má sorte, ao facer a subida, pola néboa que impedía gozar das panorámicas que se irían divisando. Menos mal que mellorou e abriu
A parte alta camíñase por unha pista de eólicos e dende aquí vemos aldeas a un lado a ao outro, a Cabeza Grande de "Manzaneda", a Serra de Queixa, San Mamede, O Courel, Monforte e o Castro de Caldelas... e ata máis lonxe!
A baixada facémola por un camiño tradicional que xa está bastante poboado de vexetación. Pode que en poucos anos sexa intransitable. Atravesando a antigo OU-320, actual OU-0601 regresamos pola aldeíña de San Pedro ao punto de inicio.
Comentar, en xeral, que é unha ruta cunha certa dureza polo desnivel, pero accesible para persoas con hábito e preparación de camiñar polo monte. Non é indicada para días de temporal (ou mesmo día moi calorosos) por ir gran parte pola cima da Serra do Burgo.
Parquing

O Burgo

Na volta da igrexa podemos estacionar. Xunto ao "xardín parroquial" mesmo hai uns plátanos que darán sombra ao carro...
Intersección

Esquerda (OU-0601)

Só un anaco. O cartel co topónimo deturpado indica o sentido contrario ao que tomamos. A foto só é para denunciar esta agresión permanente...
Intersección

Dereita (pista de terra)

Intersección

Dereita

Camiño rozado.
Panoramica

Panorámica (tapada pola néboa).

Intersección

Pola esquerda

Intersección

Esquerda, curva apertada

Foto

Eólicos

Panoramica

Panorámica

Cima

Alto da Cruz.

Instalacións de vixianza abandonadas, logo de custar o seu.
Panoramica

Panorámica de Castro Caldelas, Moforte...

Foto

Penas acabaladas

Intersección

Dereita

Camiño rozado, neste momento.
Risco

De fronte, pista

Cruce da OU-0601
Intersección

Esquerda

Intersección

Dereita

Monumento

San Pedro

Intersección

Esquerda, estrada

Intersección

Dereita, camiño

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta