-
-
1.258 m
890 m
0
3,4
6,8
13,57 km
Vista 17 veces, descargada 1 veces
preto de Fonte Arcada, Galicia (España)
Unha ruta xeitosiña e fermosa. Comeza en Fonte Arcada (non cómpre entrar dentro da aldea, na estrada hai un centro social, un cruceiro etc e está o cartaz do comezo da ruta. Aí pódese estacionar doadamente).
Case toda ela descorre por pistas, agás os dous quilómetros finais, aproximadamente, que son por estrada, sen moito tránsito. Como se ve no perfil, non hai dentes de serra e as subidas e baixadas son moi levadeiras. Bastante parte vai polo medio de carballeiras e piñeirais. Aínda que hai sinalizacións, están descoidadas polo que levar GPS é moi aconsellable. Esta foi feita seguindo este track: https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/fontearcada-peneda-das-fatigas-fontearcada-34246844
Case dende o comezo xa se pode gozar de fermosas vistas sobre a Limia, co fondo dos montes que a circundan: San Mamede, Larouco, Gêres... pero é na parte alta onde as panorámicas son espectaculares. Dende o alto de Pena Loba temos unha vista privilexiada da chaira limiega e dende a Pena da Avó podemos contemplar o Val de Salas co fondo da serra do Xurés-Gêres.
Un dos elementos máis chamativos son as pedras cabaleiras. A do Penedo das Fatigas é unha fermosura de composición e as de Pena Avó-A Vela son impoñentes.
Neste día o tempo non foi moi favorable para a contemplación das vistas, así que mellor ir en días claros.
Como resumo: unha ruta asequible e bonita. Recomendable.

Si quieres, puedes dejar un comentario o valorar esta ruta
Comentarios