Coordenadas 1675

Fecha de subida 12 de marzo de 2013

Fecha de realización marzo 2013

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
979 m
-53 m
0
6,7
13
26,76 km

Vista 1832 veces, descargada 33 veces

preto de Caroi, Galicia (España)

A Serra do Cando, en opinión de Galipedia é unha serra galega pertencente á Cordilleira dorsal galega que ten montes a unha altura media de entre 600 e 1.000 metros sobre o nivel do mar. Esténdese polos concellos de Cerdedo, Cotobade, Forcarei, A Lama e Beariz. Está unida á serra de Candán polos montes de Costoia.
A vexetación da serra son as xestas, o mato de toxos, breixos e carqueixas. Hai importante plantacións de piñeiro e eucalipto. Existe un ecosistema de gran valor nos altos da serra, así como nas carballeiras do río Verdugo e os seus afluentes.
Recibiu a distinción de Zona de Especial Protección dos Valores Naturais.
A ruta de hoxe facémola polos concellos de Cerdedo e Cotobade. Iniciámola e rematámola no lugar de Caroi. Dende a aldea de Cima de Vila ata a de Carballás, preto de Cerdedo, onde almorzamos no restaurante Comareiro, percorremos todo este treito polos montes da serra, chegando a alcanzar unha altitude preto dos 1,000 metros. Pola tarde, facemos un anaco polo PRG 69 (Frei Martín Sarmiento) agora descatalogado, continuando de novo polo monte ata chegar o punto de inicio.

A nosa recomendación é que esta ruta se faga nun día que non choiva tanto como o que nos tocou a nós este luns. As rachas de vento, xunto coa choiva, a veces moi forte, outras veces de sarabia e de frío intenso, fixeron que chegáramos totalmente mollados dende a cabeza os pés. A vantaxe de que fora así, tivémola en poder observar a cantidade de fervenzas que encontramos. A desvantaxe foi que, tódolos camiños polos que pasamos estaban encharcados de auga, que mais ben parecían regatos; e que a néboa que tivemos durante a mañá, no nos permitira ver as que, supoñemos sexan, boas vistas do val.

Encontramos algo de asfalto, principalmente na zona alta, onde se encontra o parque eólico, e tamén, loxicamente cando pasamos polos pobos que temos que cruzar; o resto facémolo por pistas forestais, camiños por fragas enchidas de carballos, algúns deles moi antigos e outros, por sorte, moi recentes.
Pista

2 comentarios

  • Foto de FreeCat

    FreeCat 07-jun-2016

    He realizado esta ruta  ver detalle

    Realizamos este recorrido el fin de semana pasado. Solamente cambiamos el punto de inicio y llegada que lo situamos en el área recreativa de Cerdedo.
    Lo realizamos en dos etapas de 13 y 12 kilómetros, haciendo noche en la cima, en el área recreativa do Campo da Forcadiña.
    El trazado está totalmente transitable. Los portalones artesanos para los animales se sortean sin dificultad y quizás en pequeños tramos en los que coincide con el PR-G 69, la vegetación va cerrando el camino, pero sin mayor dificultad de paso de momento.
    El único pero que le encontramos fue la acusada bajada desde las afueras de Carballás hasta llegar a Melide, que en nuestro caso, con peso de las mochilas se acusó más. Por lo demás la ruta está genial. Para repetir.

  • Foto de Dasparrandas (José Luis Porto)

    Dasparrandas (José Luis Porto) 09-jun-2016

    Me alegro que os gustara. Cuando nosotros la hicimos, no la pudimos disfrutar por las fuertes lluvias que tuvimos durante todo el trayecto.
    Por eso decidimos hacerla de nuevo este lunes día 13. Esta vez si que el tiempo nos acompañó, nublado con buena temperatura.
    Como la variamos un poco, por si os apetece hacerla de nuevo, esta es: http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=13591271.
    Un saludo y a continuar caminando

Si quieres, puedes o esta ruta