Coordenadas 2865

Fecha de subida 18 de octubre de 2015

Fecha de realización octubre 2015

-
-
955 m
225 m
0
5,8
12
23,16 km

Vista 1184 veces, descargada 22 veces

preto de Achas, Galicia (España)

O percorrido de esta preciosa ruta iniciámolo no lugar de Ferredo por onde transcorre o PRG-165 (Sendeiro das Fragas e Levadas do Calvo e Deva). Seguímolo durante uns quilómetros polo Camiño da Raíña, unha subida que nos leva polos Montes da Paradanta ata o máis alto, unha altitude de 955m, con pendentes de ata o 60%, onde atopamos co xeodésico, unha caseta de vixilancia, antenas e as tres cruces.

As vistas desde este punto tan alto son impresionantes, gozamos de grandes panorámicas do val do Miño e da comarca de A Paradanta.

Logo comezamos unha longa baixada con algo de chairo, por frondosos camiños cuxo marxe está cheo de bosques de piñeiros e eucaliptos, que nos leva ata A Cañiza en cuxo restaurante Casa Eligio gozamos de un excelente xantar para poder continuar pola tarde.

Volvemos a retomar a ruta por camiños a beira do Río Deva, aínda que o vemos dende bastante altura. O seguinte que nos atopamos é unha curta e pronunciada baixada de un quilómetro por onde levaron a tubaxe que chega á central eléctrica de Cabo, ás beiras do Río Deva.

Desde aquí ata o final, un pouco de asfalto por estradas secundarias, lévanos ao lugar de inicio de esta marabillosa ruta.

Tempo en movemento: 6 h 50 m.
Media en movemento: 3,39 Km./h.
Ao final da longo baixada
As tres cruces no alto da Paradanta
Baixando amodo
Bosque de eucaliptos
Bosque de piñeiros
Bosque de piñeiros altos
Camiñando pola senda
Camiñando polo camiño
Camiñando polo parque
Camiño da Raiña
Cartel informativo
Cartel informativo1
Cartel na ruta
Cartel no camiño
Chega o outono
Cruzando un regato
Curioso cartel
Escultura na Cañiza
Inicio dunha longa baixada
Nai e filla pacendo
No máis alto do Paradanta
Panel informativo
Parque na entrada da Cañiza
Piñeiral ao fondo
Poldras no Río Deva
Por unha congostra
Presa no Río Deva1
N42.21291° W8.27454°
Río Deva
Río Deva na central de Cabo
Sendeiro pola beira do Río Deva
Un charco no alto do monte
Unha perigosa baixada
Vista panorámica da Cañiza
Vista panorámica no Paradanta

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta